Skip to Content

  
  

COMUNICADO ÁS FAMILIAS. CASO COVID APARECIDO NA PRENSA.

COMUNICADO ÁS FAMILIAS

Dirixímonos a vds. por mor da noticia publicada en un medio de comunicación onde dí que hai un caso de COVID19 no noso centro.

@ alumn@ que se notificou pola plataforma EDUCOVID creada específicamente para notificar e solicitar casos e información dos contactos que puidera haber, para o seu rastrexo,  resulta que xa dende o comezo de curso non asistíu ningún día ao centro por estar en corentena por un caso dun familiar, logo non tivo contacto con ningún nen@ do centro, nin co profesorado. Deste xeito, aínda que fose positivo, non existíu en ningún momento a posibilidade de contacto con ninguén da comunidade educativa.

Pregamos a toda a comunidade educativa, que a única canle oficial para estes casos sexa a que proveña do centro ou das autoridades sanitarias e educativas, pois non dubiden que se segue estrictamente o protocolo establecido tanto para previr contaxios como para no caso de que se produza un caso positivo, ser informados ao respecto de todas as medidas que se deban tomar dacordo cos protocolos existentes tanto no centro como por parte das autoridades sanitarias e educativas.

Asdo: A Dirección.



story | by Dr. Radut