Skip to Content

Escolares

SAMAÍN

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da exposición de cabazas que fixemos no centro para celebrar o Samaín. Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración, quedaron 'terrorificamente' xeniais!!

   

ENTROIDO 2018

AquÍ tedes un video da nosa festa de Entroido. Esperamos que vos guste!!

Click to play this Smilebox slideshow
 
 

MARTIN HUTCHINSON E O SEU CAN STARSKY CONTRA O PLÁSTICO

   O venres 9 de marzo veu visitarnos Martin Hutchinson. Este ex-bombeiro de Manchester (Reino Unido) anda a percorrer o mundo para concienciarnos do efecto nocivo que ten o plástico no mar e no planeta. Adícase a visitar colexios, percorrer praias e denunciar isto ante as autoridades. Martin dixo que é necesario cambiar as leis para frear todo este desastre.

                  GRAZAS MARTIN!

CHARLA SOBRE CONSUMO

O venres día 12 de xaneiro tivemos unha charla sobre consumo a cargo dun representante do Instituto Galego de Consumo de Santiago. 

   Asistiron alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria. Explicáronos como inflúe a publicidade á hora de consumir un produto ( cor, música,pesroas que o anuncian, etc) e da conveniencia de mercalo si realmente o necesitamos.

   Grazas á ANPA pola súa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut