Skip to Content

Escolares

VISITAS DE CLUBES DEPORTIVOS AO NOSO CENTRO

Durante as últimas semanas recibimos a visita dalgúns deportistas locais e provinciais.

Visitáronnos o BURELA F.S. e o CLUB DEPORTIVO LUGO que nos contaron as súas experiencias no deporte profesional. Aproveitaron para convidarnos aos seus partidos e deixaron entradas a disposición das familias.

INCUBANDO OVOS DE PITA PINTA ASTURIANA

O día 27 de febreiro tivemos no cole unha interesante charla sobre a pita pinta asturiana, unha especie que está en perigo de extinción.

Viñeron visitarnos dous membros da "Asociación por la Recuperación de la Pita Pinta Asturiana".

DÍA DA PAZ 2019

O 30 de Xaneiro celebramos no noso colexio o Día da Paz. O alumnado de 6º leunos algunhas biografías de persoas que foron galardonadas co Premio Nobel da Paz. Despois diso gozamos todos dunha chocolatada con churros. Para rematar entregamos ao banco de alimentos do concello todo o recollido durante a semana previa na nosa Recollida Solidaria. Moitas grazas a todos e todas por participar!

Clicade en ler máis para ver as fotos!

INCUBANDO OVOS

   O pasado 6 de novembro comezamos unha experiencia no cole:" incubando ovos". Genita, a nai dun ex alumno  (Daniel Carballeira), axudounos para levar a cabo esta aventura.

   Trouxo a incubadora e 28 ovos galeados, xa que ela ten na súa casa moitas aves diferentes e fai esto a miúdo.Explicounos que había que botarlle auga temperada todos os días nun depósito que ten a incubadora para que tivesen humidade e, tras 21 días naceron dez pitiños.

Distribuir contido


by Dr. Radut