CELEBRAMOS A PAZ!
Hoxe celebramos o Día da Paz no noso cole, pero xa uns días antes, comezamos cos preparativos. Coloreamos o distintivo que íamos levar no brazo, vimos un corto titulado "Cuerdas", en Art decoramos un símbolo da paz e inventamos entre toda a clase unha rima que limos hoxe no acto que houbo no cole á volta da saída a Llas ( carreira pola Paz). Ao rematar o acto, colocámola nun mural á entrada xunto aos traballos dos demais compañeiros do cole.
POR UN MUNDO CON PAZ!