AVES DE GALICIA

   O pasado 18 de setembro os alumnos de 4º realizamos unha visita ao Cenima para ver a exposición: "Aves de Galicia". Había un total de 13 paneis informativos sobre as aves da nosa Comunidade: de cidade, de costa, de lagoa..., así como do equipo que debe levar un bo ornitólogo para a súa obsrvación.

   Repartímonos en parellas para resumir as características do panel e o nome das aves que alí viven e, de volta ao cole, explicarlles aos otros equipos de que trataba. Antes do regreso, paramos no parque para tomar o bocadillo e tamén para comentar as fotos antigas de Foz que hai no muro da igrexa.

                                                                      PASÁMOLO XENIAL!!!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer