LUIS, UN CAPITÁN DE GRAN ALTURA.

   O pasado día 2 de maio os alumnos de 3º de primaria tivemos unha visita moi especial. Invitamos a Luis, o pai de Andrea, a vir para contarnos cousas sobre o seu traballo e facerlle unha entrevista. Luis adícase á pesca de gran altura e pasa embarcado catro meses.

   Luis contounos cousas moi interesantes, como o tipo de peixes que pescan (sobre todo atúns), o que mide o seu barco de longo ( como un campo de fútbol), a canto equivale unha milla mariña ( a 1852 m), etc.

   NON VOS PERDADES A ENTREVISTA QUE LLE FIXEMOS NO XORNAL DO COLEXIO  E QUE RECIBIREDES EN XUÑO!

    GRAZAS CAPITÁN! APRENDEMOS MOITO!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer