ACTIVIDADES DO CURSO 2016-2017

No curso 2016-2017, no Proxecto Voz Natura, seguimos coidando as plantas das xardineiras das entradas do colexio e as plantas de interior. Ademáis cada neno e cada nena de Educación Infantil plantou tres ceboliñas nunha botella reciclada, e cada neno e nena de Primaria plantou unha planta de tomate Cherry, que medrou no invernadoiro ata que tivo flor e que logo levamos para a casa para que siga medrando nas nosas hortas e terrazas e cheguen a dar froito.

Tamén plantamos nos xardíns do cole dúas arboriñas de acivro e unha de amieiro.

Ademáis algúns alumnos e alumnas de Educación Infantil plantaron en envases de iogur reciclados, sementes de laranxa, pera e mazá que foron gardando da froita que comemos no recreo. De momento non naceron, esperamos que o fagan nos proximos meses... A ver si temos sorte....

                  

b              

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer