Día da árbore

O venres día 24 de marzo, para celebrar o Día da Árbore, plantamos un amieiro nos xardíns do cole. Os encargados da plantación foron os alumnos de 6º baixo a atenta ollada do resto de alumnos de todo o colexio e do profesorado. Coma cada ano, tivemos a valiosa axuda de José Luis, o conserxe.

Estaremos pendentes do crecemento desta árbore durante o tempo que esteamos neste colexio ;)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer