DÍA DO LIBRO

   Para conmemorar o Día do Libro realizamos varias actividades colectivas.

   En E. Infantil e 1º e 2º tivemos a visita do contacontos Iago López  ( grazas a editorial Anaya). Para os demais grupos, a ilustradora lucense Susana López Vilanova acercou o mundo da arte á literatura (grazas á editotial Santillana).

  Os nenos traballaron artísticamente os dous libros lidos neste curso: Sopa de Europa e As vacacións do Nicolasiño.

    O venres 22 de abril, celebramos no patio do colexio o apadriñamento de lectores, que consistía en que os alumnos maiores lle lían un conto a outros máis pequenos. Os nenos estiveron moi atentos e pasámolo moi ben!

    Por último, fixemos unha exposición de libros antigos grazas as aportacións de alumnos e algúns profes. Había algún moi, moi velliño, de máis de tres séculos e chamaron a atención aqueles cos que aprendían os nosos avós: as enciclopedias. Tamén había un carnet de estudiante de José Luis, o noso conserxe, de cando era neno.

Se queres ver algunha foto destas actividades, accede ao álbum dende AQUI

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer