VISITA Á FÁBRICA ALCOA

   O xoves 17 de marzo os alumnos de 6º visitamos a fábrica de Alúmina- Aluminio en San Cibrao. Primeiro acudimos ó salón de actos onde vimos un vídeo explicativo de todo o proceso e, a continuación, percorrimos as diferentes instalacións dentro do bus que nos levou. Todo nos pareceu moi interesante e moi, moi grande. 

   Ademais, contribuimos a mellorar o medio ambiente plantando unha árbore nunha área que teñen reservada para que tódalas excursións que alí van, deixen a súa pegada.

                                                                                                                

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer