Blog de Pilar
CELEBRAMOS O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
O pasado 20 de novembro celebrouse o día da infancia. Por iso, na clase, revisamos algúns dos dereitos de todos os nenos e nenas, cantamos a canción: "Si todos queremos el mundo cambiar" (https://www.youtube.com/watch?v=-FKND04W9ug) e confeccionamos este colorido mural.
CONTOS DE LELI
Dúas alumnas da nosa clase participaron no concurso da Biblioteca sobre Leli, a mascota. Daniela e Carmela fixérono xenial ao igual que o resto de participantes. MOITAS GRAZAS CHICAS!
A FABA DE LOURENZÁ
O día 24 de outubro os alumnos de 3º realizaron unha saída ao concello de Lourenzá. Comezamos coa visita ( por sorpresa!) do sarcófago do Conde Santo, Osorio Gutiérrez. Alí, os que quixeron, cumpliron co ritual (que nos explicou a guía ) de meter dous dedos por un orificio e pedirlle un desexo.
Despois atravesamos o edificio do Concello e chegamos ao museo da faba. Atopamos ao "Coco" e á "Coca" e,no museo, a guía contounos cosas moi interesantes sobre a faba: variedades, procedencia...Tamén vimos alí os utensilios que se empregaban antes de haber máquinas.
Dende aquí dirixímonos á cooperativa de agricultores onde vimos un vídeo sobre o proceso de cultivo da faba, que interesante! Tamén percorrimos as instalacións onde se recollen, seleccionan, conxelan e envasan.
Despois de tomar a merenda xunto a un muíño e lavadeiro moi antigos fomos a unha plantación a apañar as fabas.Que divertido!
Cada un levou de regalo as que apañou e unhas fabiñas moi chulis nos regalaron un libro dos Bolechas sobre cultivos onde tamén aparece Pepe Cuadrado, un agricultor que, xunto a Justi ( a guía do concello)nos acompañou todo o tempo.
MOITAS GRAZAS POR FACERNOS PASAR UNHA MAÑÁ TAN XENIAL!
EXCURSIÓN AO MUSEO DA MINARÍA E DO FERROCARRIL
O pasado día 25 de maio fomos de excursión a Asturias. Primeiro visitamos o museo da minaría en El Entrego onde baixamos a unha mina, montamos en vagoneta e percorrimos diferentes salas. Pola tarde, trasladámonos a Gijón para visitar o museo do ferrocarril. Alí puidemos ver e, ata subir, en diferentes trens e tranvías de diferente tipo: eléctricos, de gasoil e de carbón.
Pasámolo xenial!
SAÍDA Á BIBLIOTECA E AO CENIMA
Hoxe, día 4 de maio, realizamos unha saída xunto cos alumnos de 3º e 4ªB á biblioteca municipal para facer socios dela aos que aínda non o son e onde recibiron algunhas explicacións da bibliotecaria. Despois baixamos ao porto onde vimos fotos antigas de Foz e explicamos o significado dalgunhas delas. Tamén fixámonos nalgúns edificios antigos e falamos doutros que xa non están como o cine, a rula, o club Naútico... Despois de tomar o bocadillo no parque fomos ao Cenima para ver a exposición de artistas mariñáns e, en especial, de Quique Guerra.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »