Skip to Content

Artigos

EMAIL REFÓRZATE

Para resolver dúbidas ou se precisades axuda para realizar as tarefas podedes consultarme a través do seguinte correo electrónico:  Tgeiros@gmail.com

BO VERÁN!

Ola nenos e nenas! O primeiro dicirvos que me encantaría poder despedirme en persoa de vós e poder facer unha festiña na clase de reforzo para celebrar a fin de curso. Como isto non pode ser quero deixarvos por aquí unhas palabras de despedida.

 

Este curso foi bastante estraño para todos e só puidemos compartir dous meses de clase de reforzo no cole, aínda así, quero dicirvos que estou moi contenta polo traballo realizado e o tremendo esforzo que sei que fixestes, especialmente nestes últimos meses.

 

Aos que seguides no cole para o ano que ven deséxovos que o reencontro en setembro seña fantástico e que oxalá o próximo curso se poida levar a cabo coa maior normalidade posible. Seguide traballando tan ben como ata agora!

 

Ao alumnado de 6º que para o ano se vai para o instituto, os meus mellores desexos para esta nova etapa que comezades. Coa vosa dedicación e esforzo seguro que as notas no instituto son igual de boas que no cole.

 

Finalmente, desfrutade moitísimo do verán, que ben merecido o tedes!!

 

 

Unha aperta para todos e todas!!

 

 

Tania

XOGOS DE LINGUA!

Ola nenos e nenas, como estades?

 

 

Imos a rematar a semana cunha serie de xogos interactivos de lingua, a moitos deles xa temos xogado na aula. Espero que vos gusten!

 

Parchís ortográfico

 

Trivial da lingua

 

Pasapalabra

 

Sopa de letras

 

Aforcado de películas

 

 

Recordarvos tamén que se precisades axuda para rematar as tarefas que vos faltan por entregar podedes escribirme ao meu correo: Tgeiros@gmail.com

 

 

 

APERTAS PARA TODOS E TODAS!!

 

XOGOS MATEMÁTICOS!

Ola alumnado e familias, que tal? Espero que estedes traballando moito nestes últimos días de curso. ÁNIMO que xa queda menos!

 

Hoxe déixovos unha serie de xogos matemáticos moi divertidos para repasar diversas temáticas que fumos vendo ao longo do curso. Espero que vos gusten!

 

Batalla de operacións matemáticas

 

Laberinto de múltiplos

 

Sudoku de formas

 

Descifra o código e colorea

 

Pacman das táboas de multiplicar

 

 

 

BIQUIÑOS!!

 

 

Actividades de gramática!

Ola a todos e todas, como vai a semana?

Hoxe imos a facer un repasiño con actividades de gramática de lingua castelá. Déixovos varios recursos organizados por cursos. Espero que vos gusten!

 

Recursos para 3º e 4º de Educación Primaria:

 

Atopamos sustantivos

 

O adxectivo

 

Tempos verbais

 

Completar co artigo axeitado

 

Xogo de formar palabras

 

 

Recursos para 5º e 6º de Educación Primaria:

 

Clasificación do sustantivo

 

Os graos do adxectivo

 

Tempos verbais

 

Preposicións

 

Adverbios

 

 

BICOS E APERTAS!!



by Dr. Radut