Skip to Content

Artigos

EMAIL ENGLISH AT HOME

Para calquera dúbida ou aclaración da asignatura de Inglés podedes poñervos en contacto comigo nesta dirección de correo electrónico:

                    sfamor@edu.xunta.gal

END OF SCHOOL YEAR

 

Hello girls, boys and families!!

 Chegou o momento de rematar…

 … rematar un curso complicado para todos, pero do que ao final conseguimos aprender moitas cousas, fixéstelo moi ben, grazas polo esforzo e dedicación a pesar das dificultades.

 Como xa vos comentei esta semana non haberá tarefas, pero vouvos propoñer algúns recursos que vos poden servir para darlle un repasiño ao Inglés sempre que vos apeteza.

 Páxinas:

 https://www.gamestolearnenglish.com/

 https://learnenglishkids.britishcouncil.org/es

 https://supersimple.com/

 https://elt.oup.com/student/oupeprimary/?cc=global&selLanguage=en

 https://www.lewolang.com/gramatica-inglesa

 https://www.inglessencillo.com/

 

Apps: (válidas para App Store e Play Store). Descarga sin rexistro.

Word fun world Word Fun World

Astrokids English Astrokids English Fun

My life in English My life in English (+8 anos)

 

Have a happy summer!! See you in September!

 Hugs and kisses!

 

RECORDATORIO

Hello girls, boys and families!

Recordade que o Luns 18 de Maio é non lectivo no noso centro. As tarefas subireinas ao blog o martes. 

Pasade boa ponte!

STORIES AT HOME

 Hello children and families!!

 Don’t forget that every day at 11 o’clock you have a new story in Macmillan Story Corner. I give you the link again:

 https://www.macmillaneducation.es/teachers-corner/en-casa-con-macmillan/macmillan-live/#macmillan_story_corner

 And remember that, if you want, you have some activities to do below the video. I hope you like the stories!!

 Hugs and kisses!!

 Ola rapazada e familias!!

 Non esquezades que cada día ás 11 da mañá tedes un conto novo na web de Macmillan. Déixovos o enlace outra vez. E recordade que, se queredes, tedes algunhas actividades xusto debaixo do vídeo. ¡Espero que vos gusten!!

 

TAREFAS SEMANA DO 27AO 30 ABRIL

Hello families!!

Comezamos nova semana, como o levades??

Temos novidades!!  Coméntovos:

- O blog seguirá en funcionamento, irei colgando actividades de tipo lúdico (xogos, contos, vídeos...), e tamén vos propoñerei algún “challenge” máis. Todas estas actividades aparecerán na páxina principal e serán voluntarias.

- A partir de agora enviarei semanalmente algunhas tarefas para realizar na casa. Fareino a través das titoras, enviaranas o mesmo día que envíen as súas. Estas tarefas será obrigatorio presentalas, xa que preciso ter constancia de que se levan a cabo.

 Prepareivos un apartado no blog: ACTIVITIES AT HOME, onde tamén podedes atopalas por se tedes algún problema para recibilas ou se perden. Neste lugar do blog estarán a disposición de todo o mundo (recordade que son as mesmas que ides recibir das titoras, só están aí como recurso en caso de necesidade).

 As tarefas serán de repaso e ampliación de temas xa traballados, tanto do curso actual como de cursos anteriores, así que espero que non teñades ningún problema para realizalas.

Van a ser maiormente fichas interactivas. Eu enviareivos o enlace e vós só tedes que clicar nel e xa podedes facelas directamente e ENVIALAS dende a páxina web. Pódense facer desde calquera dispositivo (móbil, tablet ou ordenador). Enviareivos as instrucións  no documento das tarefas.

Recórdovos o email de Inglés:

 EnglishOCantel@yahoo.com

En caso doutro tipo de tarefas (as que non sexan interactivas) faranse na libreta ou nun folio (podedes imprimilas na casa ou envialas ao concello). Unha vez rematadas podedes sacarlles foto co móbil ou envialas como arquivo (pdf, doc...) ao email que vos puxen máis arriba.

 MOI IMPORTANTE:  as fichas non interactivas, por favor, enviádemas todas xuntas nun só correo cando estean rematadas co nome e o curso do alumno/a, para poder levar mellor control das que vou recibindo e poder contestarvos a todos.

AVISO para o alumnado de 5º de Primaria: Este grupo recibirá todos os traballos a realizar a través da plataforma Edixgal.

Para calquera dúbida ou aclaración ou se tedes problemas para enviarme algo, podedes contactar comigo no mesmo email que vos ofrezo para enviar as actividades. Contestarei o máis rápido que poida a cada unha delas.

Hugs and kisses

 Teacher Sonia

 

 

 



by Dr. Radut