Skip to Content

Novas

25 DE NOVEMBRO.

Estimadas familias, aqui vos deixamos un GENIAL.LY cunha serie de recursos para traballar o Día Contra a Violencia de Xénero.

 

SCAPE ROOM 6º DE PRIMARIA

Quen dixo que non se aprende a través dos xogos? Decídellos aos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria que participaron nun scape room moi entretido e didáctico proposto pola mestra de Educación Física. E así de ben o pasaron.... 

 

como enviar tarefas dende a aula virtual

Queridas familias:

Aquí vos vai unha nova entrega de manexo da aula virtual. Nesta presentacións explícanse os pasos a seguir para entregar tarefas a través desta plataforma.

Agardamos vos sexa de axuda.

 

O SAMAIN

Queridas familias:

Aqui vos vai nun pequeno video para que vexades como se celebrou no cole o Samain e como o disfrutaron todos os cativos entre debuxos, xogos de pistas, disfraces e visitando a exposición de cabazas tan terroríficamente fermosas que tivemos na entrada do cole.

Foi un gran día e aquí poderedes velo!!

 

NOTA:

Tamén vos recordamos que nesta mesma páxina, no apartado de galería veredes as fotos que se foron sacando no dia do Samaín aos nenos e nenas par que vexades que gran festa había no colexio.

Poderes velas e incluso descargalas.

 

Manexo Aula virtual

Estimadas familias.

Para facilitarvos o acceso á aula virtual dos nenos, aquí vos deixamos unha presentación explicando os pasos que debedes seguir para acceder a ela dunha forma máis intuitiva e sinxela.

Agardamos vos sexa de axuda.

Unha forte aperta.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut