Iniciar sesión: Acceso

Menú Comedor Escolar Xuño 2023

Aquí queda o menú do mes de xuño, último do presente curso escolar.

Prema AQUÍ para descargar o menú.

Fondo Solidario Libros 2023-2024

Desde hoxe queda aberto o prazo para a solicitude do Fondo Solidario de Libros de Texto para o vindeiro curso 2023-2024.

O prazo para ditas solicitudes comeza o luns 22 de maio e remata o 21 de xuño. O trámite poderase levar a cabo tanto de xeito telemático coma presencia no centro. No caso da solicitude presencial, farase en horario de Secretaría de luns a venres de 13.40h a 14.40h.

De xeito máis detallado prema AQUÍ para ver as distintas modalidades, xunto co resto de información relevante para realizar o trámite.

Corremelide 2023

Onte celebrouse o Corremelide 2023 una iniciativa promovida polo IES de Melide coa que se pretende fomentar o uso do noso idioma a través de diferentes actividades, neste caso deportivas e de lecer. Participou o alumnado dos cursos superiores (4º,5º e 6º de Educación Primaria) tanto na carreira como na elaboración duns manifestos. Os premiados leron os seus manifestos para darlle a benvida os participantes da carreira.

Anque a finalidade deste evento é a participación conxunta dos centros da vila e a súa contorna, cómpre salientar  as victorias do noso alumnado en case todas as categorías nas que participou.

Antón lendo o seu manifesto na categoría de 6º de E. Primaria.

Nenos e nenas(Marcos E., Marcos M. Lucía, Idaira e Mauro) de 5º E. Primaria lendo o seu manifesto.

Gañadoras da categoría feminina de 4º E. Primaria: Area e Antía

Gañador na categoría masculina en 4º E. Primaria: Anxo

Gañadoras da categoría feminina de 5º E. Primaria: Lucía, Sabela e Alba S.

Gañadores da categoría masculina de 5º E. Primaria: Manuel, Mauro.

Gañadores da categoría masculina 6º E. Primaria: Rubén

 

Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego

Neste 2023, o día das nosas letras adícase ao escritor, político, e académico Francisco Fernández del Riego. Como traballo colectivo no noso centro, o alumnado preparou unha pequena liña temporal exposta nun dos corredores do centro sobre a vida do homenaxeado procedente de Lourenzá(Lugo).

 

 

 

Gala Cantareira #0 do CEIP de Melide Nº1

Co gallo da celebración do mes das flores, no noso centro emprazouse ao alumnado para que enviase o seu nome feito con flores e plantas ao correo do centro e, deste xeito, darlle cor a este bonito mes. 

Á súa vez, levouse a cabo unha pequena mostra do traxe tradicional galego, coñecendo as súas partes aproveitando a recente Foliada de Melide que tanto gozou a vila e moito do noso alumando.

Por outra banda, e coa intención de amenizar a gala cun pouco de música, parte do profesorado colaborou tocando para as crianzas cancións relacionadas coa festividade do Maio, a nosa vila e pezas que eles xa coñecen para poder acompañar.

Foi unha xornada alegre e esperemos que o vindeiro curso se repita e así perpetuar a presenza da música, flores e tradición no noso centro.

 

 

Menú Comedor Escolar MAIO 2023

Como cada novo mes, aquí deixamos á vosa disposición o menú do comedor escolar para o recén estrenado mes de maio.

 

Prema AQUÍ.

INFORMACIÓN ADMISIÓN

 

Infórmase de que todo o alumnado que entregou dentro de prazo a solicitude de matrícula en 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria ten CONFIRMADA a súa admisión no centro. 

Igualmente, para calquera dúbida, está a disposición das familias a listaxe provisional de admitidos no taboleiro do interior do noso centro.

 ACLARACIÓN: O alumnado que promociona de 6º de Educación Infantil a 1º de Educación Primaria non precisa facer trámite algún para a matrícula, pois esta faise efectiva de xeito autmático.

Menú Comedor Escolar Abril 2023

Mañá comeza o terceiro trimestre, e con el un novo mes. Aquí vos queda o menú do presente mes de abril.

 

Preme AQUÍ para descargar o documento.

2 de abril: Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

 

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada por Nacións Unidas para visibilizar ás personas con trastorno do espectro autista (TEA) e contribuir a promover o exercicio efectivo dos seus dereitos.

Dende o noso Centro queremos unirnos a esa reivindicación e por iso,nestes días se estuvieron a realizar símbolos de ♾️ co alumnado e , no día de hoxe, traballamos nas distintas titorías o visionado de curtas,contos e videos sobre diversidade, inclusión e de concienciación sobre o TEA Dende o noso Centro queremos unirnos a esa reivindicación e por iso,nestes días se estuvieron a realizar símbolos de ♾️ co alumnado e , no día de hoxe, traballamos nas distintas titorías o visionado de curtas,contos e videos sobre diversidade, inclusión e de concienciación sobre o TEA.

Ademáis de encher o noso Centro de infinitos diversos!!

E cal é o porqué destes infinitos?

O símbolo do infinito colorido está fortemente ligado coa descrición propia do termo autismo. O autismo non é lineal, senón un espectro, unha condición diversa. Este infinito coa gama de cores do arco da vella amosa esa gran diversidade e singularidade.

 

Animámosvos a participar desta iniciativa dende os vos fogares enchendo fiestas, portas...de infinitos decorados polos vos pequen@s

Máis Info AQUÍ

 

 

 

 
 

21 de marzo: Día Mundial do Síndrome de Down

Desde o Dpto. de Orientación do noso centro levouse a cabo unha inciativa en prol de celebrar o Día Mundial do Síndrome de Down. Coa sempre presente intención de educar desde a diversidade, pediuse ao alumnado, profesorado e persoal non docente sumarse a traer nese día calcetíns desparellados como símbolo da diferenza dentro da igualdade. Aquí deixamos unha mostra, ademais do mural que estivo nese día colocado na entrada do centro.

Distribuir contido