Skip to Content

Admisión e matricula, Libros de textos, Becas e axudas, Circulares, Impresos

SOLICITUDE ADMISIÓN - CURSO 2024 / 2025

O prazo de presentación de solicitude de admisión comprende entre o día 1 e o 20 de marzo (ambos incluídos).

A solicitude (ED550B galego - ED550B castelán) pode presentarse no centro educativo ou por vía electrónica, a través da aplicación informática admisiónalumnado, para o que se precisa un certificado de indentidade e sinatura dixital ou o sistema de clave como a Chave365.

En ambos casos será necesario presentar a documentación que, de ser o caso, fose precisa (Libro de familia, DNIs dos membros da familia, padrón municipal, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas...).

 

O 25 de abril publicarase a través da aplicación informática (admisión alumnado) e no taboleiro interior do centro, a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido por curso, abrindo un prazo de 5 días hábiles para formular reclamacións.

A publicación das listaxes definitivas será o 15 de maio.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

INFORMACIÓN XERAL

 

 

RESERVA PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025, para o alumnado de 6º de primaria que desexe reservar a praza no centro de adscrición (IES de Foz).

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.

As familias poderán cumprimentar as solicitude de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado.

SOLICITUDE

ADMISIONALUMNADO

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (CEIP Plurilingüe de Foz número 1) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Precedemento Admnistrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste caso deberan descargar a solicitude e presentala no centro educativo.

SOLICITUDE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24

Aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024.

O prazo rematará o 21 de xuño de 2023.

Destinatarios:

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Primaria.

Forma de presentación:

- A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24.

- Presentación no centro do modelo ED330B  e anexo II.

- Presentación por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B e anexo II) dispoñible na aplicación fondo libros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

- O formulario da solicitude tamén estará dispoñible no centro educativo e na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Beneficiarios:

Poden consultar os requisitos segundo a renda per cápita familiar para a concesión das axudas  no seguinte enlace:

- ORDE do 19 de abril de 2023.

 

RESERVA DE PRAZA NO IES DE FOZ - ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para a reserva de praza no centro de adscrición (IES de Foz) para o alumnado de sexto de primaria, dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

Poderán facelo en calquera das seguintes formas:

- Cubrir o impreso correspondente (ED550A) e entregalo no CEIP Plurilingüe de Foz número 1.

- A través da aplicación admisión alumnado e presentando a solicitude no CEIP Plurilingüe de Foz número 1.

- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (enlace). para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

CALENDARIO ELECTORAL

Constituída a Xunta Electoral o 4 de novembro de 2022, determina o calendario electoral para a renovación parcial do Consello Escolar:

Recordamos que corresponde a renovación parcial de tres pais do Consello Escolar (un deles nomeado pola ANPA). A partir do luns 7 e ata o venres 11 de novembro, aqueles pais/nais que queiran presentar a súa candidatura poderán exercer o seu dereito accedendo ao centro en horario de 9:00 a 9:30horas e de 13:30 a 14:00 horas. A urna e os modelos a cubrir estarán ubicados na entrada do edificio principal.

ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2022, establécese o calendario para a renovación parcial dos Consellos Escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

No noso centro, correspóndelle renovar dous mestres e tres pais (un deles nomeado pola ANPA).

O vindeiro mércores, 2 de novembro, celebrarase o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral, encargada de xestionar o proceso. O 4 de novembro procederase á constitución da mesma, publicarase o calendario electoral e toda a información relacionada.

Animamos ás familias a formar parte do centro a través do Consello Escolar, órgano que permite a conexión do centro coas familias en prol dunha mellora da convivencia no centro e calidade educativa.

 

eleccións de membros do consello escolar de ceipdefoznumero1 plurilingüe

INICIO DE CURSO

Estimadas familias,

O curso escolar dará comezo o vindeiro xoves 8 de setembro. Neste día o horario será de 10:00 a 14:00 horas e comedor escolar de 14:00 a 15:30 horas.

Durante o curso escolar, as entradas e saídas do centro realizaranse do seguinte xeito:

-          -  Cursos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria: porta principal (Eduardo Pondal).

-          -  Cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: acceso ao patio pola cancela da rúa Alfonso X.

-          Poderán acceder a partir das 8:50 h., agás o 8 de setembro que será dende as 9:50.

-          O alumnado entrará só, sendo o profesorado o encargado da súa custodia e a organización por cursos para a subida ás aulas.

-          Aqueles pais que precisen acceder ao centro, poderán facelo unha vez o alumnado se incorpore ás súas aulas.

De outubro a maio, en horario de 15:30 a 17:00 horas, darán comezo as gardas de tarde de profesorado para o alumnado de comedor que por motivos de conciliación familiar precisen un tempo de custodia no centro.

REUNIÓNS PRINCIPIO DE CURSO:

-          1º de Educación Primaria: luns 12 de setembro ás 16:30 horas.

-      3º e 4º de Educación Primaria: luns 12 de setembro ás 16:00 horas.

-          6ºA e 6ºB de Educación Primaria: luns 12 de setembro ás 17:00 horas.

-          5º e 6º de Educación Infantil: mércores 14 de setembro ás 16:30 horas.

-          5º de Educación Primaria: martes 20 de setembro ás 16:00 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut