Skip to Content

AXUDA MUNICIPAL EN TEMPO DE CUARENTENA

Dende o Concello de Foz infórmannos que ofrecen as seguintes axudas para aquelas familias que o precisen durante o tempo de confinamento:

 

-Adamo ofrece internet gratis a alumnos en emerxencia e carezan de conexión. A solicitude adxunta debe remitirse ao mail internetgratis@concellodefoz.es ou ben chamar directamente ao concello e dar os datos que se piden en dito documento.

 

-O concello ofrece a posibilidade de imprimir material didáctico e acercarllo aos alumnos ao seu domicilio. Debe remitirse un correo a dirección imprimir@concellodefoz.es, cos datos da persoa que o solicita e a dirección de entrega, e o documento a imprimir.

 

-Se se precisa o concello tamén pode achegar calquer outro tipo de material didáctico dende o colexio ao seu fogar. Para esto poñedese directamente en contacto co Concelleiro de educación, cultura e festas:

Héctor Morís Fernández.

Rúa Álvaro Cunqueiro 24, 27780 Foz

Tfnos. 698189251 / 982140027

 

AdxuntoTamaño
Solicitude Fibra Adamo Foz.doc64 KB


page | by Dr. Radut