Skip to Content

RECOLLIDA DE MEDICAMENTOS PARA UCRAÍNA

A ONG Families4peace está realizando unha CAMPAÑA DE RECOLLIDA de antipireicos,analxésicos, antibióticos e kits de emerxencia (betadine,gasas, antisépticos)para levar a Palanca, unha cidade fronteira con Ucraína.

Precisan levar medicación aos postos de atención e hospitais de Odesa.

No noso colexio imos dispoñer ata o venres 18 de marzo dunha caixa de recollida na conserxería do centro para aquelas familias que estean interesadas en colaborar.

Día Internacional da Muller (8M)

Deixámosvos este marabilloso traballo en equipo para conmemorar unha efeméride tan especial como a do pasado 8M:

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

 

PARABÉNS A TOD@S!!

 

 

SESIÓN DISCIPLINA POSITIVA

Ferramentas de Educación Consciente e Responsable centrada no respecto mutuo.

 

Seguindo en colaboración da ANPA Monte do Muiño co Ceip Novo Mesoiro, o próximo 14 de marzo realizarase unha sesión formativa para as familias e docentes do devandito centro con María Soto, de Educa Bonito. En dita sesión, presentará ferramentas para unha educación máis consciente:

"Límites sen castigos, agarimo sen permisividade".

LUNS 14 DE MARZO: 17:30 ata 19:00.

(Entrada polo pavillón cuberto)

Imprescindible inscrición previa no formulario.(Preme no enlace)

 

+Info sobre María Soto - "Educa Bonito"

ADMISIÓN CURSO 2022/2023

Publicamos a información relativa ao proceso de admisión de alumnado para o curso 2022/2023.

Lembrade que no centro non se farán fotocopias e teredes que traer a fotocopia da primeira folla da solicitude.

A documentación presentada debe vir compulsada ou presentar no centro os orixinais.

No caso de optar a un curso de primaria, deberase achegar a certificación de matrícula do centro de procedencia.

                 

                       

                 

FESTA DE ENTROIDO

Hoxe gozamos dunha estupenda festa de Entroido!

E ademais, fíxonos un tempo marabilloso!

 

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2022-2023

Onte 23 de febreiro do 2022, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023, para o alumnado de centros escolares sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e conten cun comedor autorizado pola consellería competente.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo, ambos incluídos.

A información e a documentación da convocatoria está dispoñible nos seguintes enlaces do concello:

- Na sede electrónica

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/quia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor-convocatoria-2022/contenido/1453790624382

-Na web de servizos sociais:

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/prestaciones/detalle-prestaciones-sociales/ayudas-economicas-a-familias-para-comedores-escolares-beca-comedor/contenido/1370999749815

A solicitude e a documentación a achegar, poderán presentarse, previa cita, (010, citaprevia. coruna. gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Agora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Nesta convocatoria non será necesario achegar o certificado de escolaridade se autoriza coa sinatura á consulta na solicitude e non se opón expresamente a súa consulta.

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

Rosalía de Castro

Deixámosvos a conmemoración especial do CEIP NOVO MESOIRO da nosa autora galega por excelencia!

Preme na imaxe para ver o vídeo!

ADMISIÓN CURSO 2022

COMEZAMOS O PROCESO DE ADMISIÓN CON ESTA PRESENTACIÓN VIRTUAL DO NOSO CENTRO

 

Descargade o PDF adxunto e facede clic en cada unha das imaxes

 

Así mesmo, repetimos, se algunha cuestión particular se quere aclarar, mellor tedes o noso correo electrónico ou teléfono de contacto.

Kilómetros de solidariedade

Conmemoración do día da Paz e a NON violencia

Carreira solidaria en colaboración coa ONG Save the children.

(Preme na imaxe para ver máis fotos e vídeos)

 PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

 

PROXECTO RECRÉATE

Contamos cun novo proxecto de promoción da inclusión e a innovación educativa no noso centro:

RECRÉATE!

A particularidade é que está desenvolto con agrupacións doutros centros públicos de distintas comunidades autónomas.

 

 

 

Proxecto: Recréate

  • CEIP Pedro López de Lerena (Valdemoro, Madrid)
  • CEIP Salvador Minguijón (Calatayud, Zaragoza)
  • CEIP Federico García Lorca (Gijón, Asturias)
  • CEIP La Escalona (La Escalona, Santa Cruz de Tenerife)
  • CEIP Virgen de Criptana (Campo de Criptana, Ciudad Real)
  • CEIP Novo Mesoiro (A Coruña)
  • CEIP José Robles (Lorca, Murcia)
  • CP San Francisco Javier (Mendavia, Navarra)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut