Novas do coro, Coro Cantemos, Novas

FANTÁSTICO CONCERTO DE NADAL DO CORO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

O luns 21 de decembro o Coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios ofreceu o seu concerto de Nadal no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Baixo a dirección da mestra Ruth Barros e acompañados ao piano pola mestra Cecilia López, os alumnos e alumnas que forman o coro (de 1º a 6º de E. Primaria) obsequiaron a todos os asistentes cun marabilloso concerto de Nadal.

Primeiro foron os coristas de 1º e 2º os que actuaron e despois os de 3º a 6º. O auditorio fíxose pequeno para acoller ao público asistente que non deixou de aplaudir ao coro.

GRAN ÉXITO NO CONCERTO DE NADAL DO CORO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Este sábado 14 de decembro de 2013 a partires das 20:30 horas, o coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios regalounos unha sobrebia actuación para un público totalmente integrado.

O coro está dirixido pola mestra Ruth Baros Abalde e acompañado ao piano pola mestra Cecilia López Louro.

O concerto comezou coa actuación dos nenos/as de 1º, 2º e 3º de E. Primaria (máis de cen cantores). Logo actuaron os nenos/as de 4º, 5º e 6º de E. Primaria. O broche final puxérono todos xuntos cantando unha panxoliña. En total 158 voces que forman parte dun proxecto moi importante de fomento da arte, neste caso a música, entre o alumnado do noso colexio. 

O Auditorio Municipal Reveriano Soutullo rexistrou unha enorme afluencia de espectadores/as que encheron totalmente o mesmo, facendo pequeno este auditorio.

Queremos felicitar a estes artistas e as profes que traballan con eles no coro polo calidade da súa actuación.

CORO CANTEMOS: COMEZO DA ACTIVIDADE CURSO 2013-14

O Coro "Cantemos" xestionado polo CEIP Nosa Sra. dos Remedios e a Asociación Musical e Cultural Obradoiro Vocal "A Vila" abre o seu prazo para a captación de novas voces.

Horarios: Nenos/as de 4 a 7 anos luns de 17:30h a 18:15h (grupo a partires de 15)
               Rapaces/as de 8 a 16 anos xoves de 18:00h a 19:00h.

Lugar de ensaio: Planta Baixa de E. Infantil CEIP Nosa Sra. dos Remedios.

Podes descargar o boletín de inscrición nesta mesma páxina e entregalo na Secretaría do centro de 9:30h a 14:00h

*Data de comezo dos ensaios: Xoves 3 de outubro

¡¡¡ANÍMATE E CANTA CON NÓS!!!!!!

ÉXITO NO CONCERTO DO CORO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS EN PONTEAREAS

Este sábado 8 de xuño ás 20.00 horas o coro do noso colexio deu un concerto de fin de curso no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Máis de 130 voces forman parte deste coro, dirixido por Ruth Barros Abalde e acompañado ao piano por Cecilia López Louro.


Nunha primeira parte actuou o coro de 1º, 2º e 3º e nunha segunda parte actuou o coro de 4º, 5º e 6º, para nunha parte final actuar en conxunto o coro completo. A asistencia de público foi moi alta e as interpretacións foron moi aplaudidas.

O CORO “CANTEMOS” PARTICIPARÁ NO II CERTAME DE HABANERAS QUE ORGANIZA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O CORO CANTEMOS PARTICIPARÁ NO II CERTAME DE HABANERAS QUE ORGANIZA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

 

O Coro Cantemos, xestionado polo O. V. A Vila e polo CEIP Nosa Sra. dos Remedios ambas institucións de Ponteareas, participará no II Certame de Habaneras organizado pola Deputación de Pontevedra o vindeiro sábado 11 de maio.

 

A hora de comezo do acto será ás 17:00h e o lugar de celebración o Teatro de Tui. (Área Panorámica).

 

A entrada será libre ata completar aforo.

 

Repertorio:

 

-El negrito Jesús Clemente.

-Niña Purísima.

-Habanera de Don Gil de Alcalá. (Todas las mañanitas)

 

 

 

¡¡¡ANIMÁDEVOS A ACOMPAÑARNOS!!!!

 

 

 

                                                   

CONVIVENCIA MUSICAL CORO XUVENIL “CANTEMOS”

 No ficheiro adxunto hai un artigo sobre esta xornada de convivencia. 

I XORNADA DE CONVIVENCIA MUSICAL CORO XUVENIL CANTEMOS

I Xornada de Convivencia Musical

Coro Xuvenil“Cantemos”.

 

 

O Luns día 25 de marzo a Asociación Musical e Cultural O.V. “A Vila”, conxuntamente co CEIP Nosa Sra. dos Remedios celebrará a  I Convivencia Musical para o Coro Xuvenil “Cantemos”.

 

O Coro Xuvenil “Cantemos” iniciou a súa andaina o pasado mes de outubro con 29 matrículas de rapaces/as pertencentes na súa maioría ao Colexio Nosa Sra. dos Remedios´

 

Na actualidade este coro conta coa cifra de 48 cantores/as que se foron animando a participar desta actividade nos seguintes meses á súa formación.

 

Este aumento de nenos/as de diferentes centros de Ponteareas e tamén de diferentes idades (de 7 a 16) fai necesario que se coñezan entre eles para potenciar a súa confianza e complicidade, algo fundamental para facer música en conxunto.

 

Cando se persegue un obxectivo común, é preciso que exista un ambiente distendido, de colaboración, de axuda aos compañeiros/as...

 

O coro “Cantemos” pretende ser un complemento para a formación educativa dos cativos. Cremos que a música é un bo vínculo e unha boa ferramenta para acadar obxectivos que melloren a conduta dos nenos/as.

 

Temos a firme convicción de que “A Música nos axuda a ser mellores persoas”.

 

Para esta xornada contamos cos seguintes profesores/as:

 

*Ruth Barros  (Directora)

*Andrea Carracedo (Pianista)

*Adrián Barros. (E. Corporal . Coordinación.)

*Raquel Sestelo. (Técnica Vocal .)

*Luis Fernández  (Guitarra.)

*Antonio Reirís. (Organización e Percusión.)

 

O horario será de 10:15h  a 17:15h.

 

O noso agradecemento ao Equipo Directivo do CEIP Nosa Sra. dos Remedios pola súa inestimable colaboración con nós.

 

Asociación Musical e Cultural O.V. “A Vila”

Ponteareas

 


 

 

NOVO ÉXITO DO CORO DO COLEXIO NO 47º FESTIVAL DE VILANCICOS NOVACAIXAGALICIA

O pasado sábado 15 de decembro,no Auditorio de Novacaixagalicia en Vigo, o coro do Colexio Nosa Señora dos Remedios participou no 47º Festival de Vilancicos de Novacaixagalicia, logo de ser seleccionado para participar neste festival.

Fixeron unha brillante actuación mostrando un nivel alto neste acto.

GRANDE ÉXITO NO CONCERTO DE NADAL DO CORO DO COLEXIO

De grande éxito temos que cualificar o concerto de Nadal feito polo Coro do Colexio Nosa Señora dos Remedios este 14 de decembro no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Fixeron pasar unha boa noite aos asistentes cun concerto completo que se achego á horade duración.

O auditorio fíxose pequeno, rexistrando un cheo absoluto.

Primeiro cantaron os compoñentes do coro 2 formado por alumnos/as de 4º, 5º e 6º de E. Primaria, despois foi o coro 1 de 1º, 2º e 3º de E. Primaria, para rematar todo o coro completo con máis de 130 voces coa interpretación de dous temas en conxunto.

Felicitacións para o coro e para as profes Ruth e Cecilia, directora e pianista do coro respectivamente.

Proximamente subiremos a esta web fotografís desta actuación.

Distribuir contido