Seminario de Educación Intercultural
OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA
No noso colexio estase levando a cabo, ao longo deste presente curso, un Seminario Intercultural que propón diferentes actividades para coñecer os costumes, lendas, e en definitiva saber como é a vida en diferentes países.
Pero estes países non son elixidos ao azar, senón que temos alumnado que naceu neles ou ben dos que procede a súa familia.
Este mes pasado estivemos a traballar China. Así que pensamos en facer un obradoiro sobre Papiroflexia.
O Luns 3 de Maio, tódolos nenos e nenas de Educación Primaria disfrutaron enormemente deste obradoiro promovido polo seminario de interculturalidade. Foi impartido por Diego Sanmartín Villar, profesor de Secundaria de Inglés e gran afeccionado a este fascinante arte de pregar papel.
O profesor explicoulles como empezou a súa afección pola papiroflexia, amosoulles varios modelos do seu traballo e finalmente ensinoulles como pregar algunhas figuras sinxelas.
A sesión foi todo un éxito e todos quedaron con ganas de aprender máis sobre este interesante arte. Diego conseguiu transmitir a súa paixón e interese polo tema cunha grande aceptación e entusiasmo por parte do seu público. De feito, houbo una grande demanda de libros de origami na biblioteca… Temos o pedido en marcha!
Grazas, Diego!
NO COLEXIO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Na semana do 30 de xaneiro de 2008 fixemos diversas actividades sobre a paz. Como remate, todo o alumnado do colexio formou un mosaico co anagrama da paz e as letras desta palabra debaixo do mesmo. Para iso, empregáronse os traxes que se elaboraron para o Entroido, con moito colorido.
