Imaxe e relacións cos medios de comunicación

O CONCURSO "DETECTIVES VERDES" XA COMEZOU!!!!!

00/00/
Array

QUERES AXUDAR A FITO A MANTER O NOSO COLE LIMPO???

ERES UN AMANTE DA NATUREZA, DA RECICLAXE E DA LIMPEZA AMBIENTAL?

POIS..................................... PARTICIPA NO XOGO!!!!!

CADA DÍA, AO SUBIR Á TÚA AULA POLA MAÑÁ, HABERÁ UNHA PISTA PEGADA NA PAREDE DAS ESCALEIRAS QUE TERÁS QUE TER EN CONTA PARA ATOPAR UNHA COUSA QUE TEMOS NO NOSO COLE E QUE TI DEBERÁS ATOPAR PARA CHEGAR A SER UN DETECTIVE VERDE.

CANDO CREAS QUE O SAIBAS, NA HORA DO RECREO, VAI Á ENTRADA Nº1, E, NUNHA MESA, TERÁS UNHA CAIXA ONDE DEBES CUBRIR UNHA FOLLIÑA CO TEU NOME, O TEU CURSO E A SOLUCIÓN.

SOBE AO RECUNCHO DE FITO E DEPOSITA A FOLLIÑA NA CAIXA DO CORREO DE FITO.......................E SE ACERTAS, SERÁS UN DETECTIVE VERDE OU AXUDANTE!!!

SE NON ACERTAS, NON DESESPERES!!!!!!

SEGUE PROBANDO SORTE!!!!!!

UN NOVO XOGO COMEZARÁ!!!!

 


CONCURSO DE GRAFFITI "40 ANOS DO C.E.I.P. NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS"

00/00/
Array

Nos ficheiros adxuntos están as bases, a ficha de inscrición e a autorización dos pais/nais para os menores de idade para participar neste concurso.

O prazo para inscribirse vai dende o 16 de marzo ata o 24 de abril de 2009, ámbolos dous incluídos.

O NOSO MAGOSTO NO CANAL TEA TV

00/00/
Array

Este xoves 13 de novembro saíu no Canal Tea Televisión de Ponteareas unha magnífica reportaxe sobre as actividades que co gallo do Magosto se levaron a cabo no C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" co participación de todo o alumnado e de todo o profesorado do colexio.

O C.E.I.P. "NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS" NO CANAL TEA TV

00/00/
Array

Este xoves 30 de outubro nun programa de Canal Tea, a Televisión de Ponteareas, foi entrevistado o Director do noso colexio. Na entrevista déronse a coñecer os diferentes programas e proxectos de innovación que se traballan no noso Centro durante este curso 2008-09 e que nos sitúan na vangarda da educación galega.

Así temos seccións bilingües en 3º de E. Primaria, un Plan de Mellora da Calidade, o programa PROA e un Proxecto para o uso educativo das Novas Tecnoloxías, que está entre os 10 seleccionados entre todos os presentados por centros de ensino non universitario de Galicia.

SEGUE AS PEGADAS...

00/00/
Array

Proximamente vai comezar unha nova edición deste xogo en defensa da ecoloxía.

 

ESTADE ATENTOS/AS!!!!!!!

 

Tanto nesta web como no blog do colexio irá aparecendo información sobre o xogo.

Pronto presentaremos á mascota.¿Quen será?

Distribuir contido