Imaxe e relacións cos medios de comunicación
DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE
Esta semana celebramos no cole o Día internacional da Saúde (7 de abril)
Como xa sabedes, este curso temos como eixe común os "Hábitos Saudables", así que lles propuxemos aos neno/as que se converteran en chefs e se prepararan unha merenda saudable a base de froita.
Tamén falamos destes alimentos e das vitaminas e minerais que nos aportan en contra doutros produtos que só aportan calorías ocas e graxas saturadas. Queremos conciencialos e que saiban distinguir entre alimento e produto.
Houbo moita creatividade, moito colorido e gozaron dun bo festín!
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Convivencia e Imaxe.
CONCURSO DESEÑA O TEU PATIO
CONCURSO : DESEÑA O TEU PATIO
Xa temos gañador@s!
*Ed. Infantil: Antonio de 3 anos B
*1º, 2º e 3º: Noa de 1ºA
*4º, 5º e 6º: Xián de 4ºB
Noraboa!
Queremos dar as grazas a tod@s @s que participastes!
As vosas ideas están todas anotadas e teremos conta delas!

