Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Oferta educativa, Novas do Colexio

PROXECTO 3º TRIMESTRE

E fomos exploradores e exploradoras neste 3º trimestre! 

Que mellor época que a primavera para observar a natureza?
Neste trimestre o proxecto de ciencias o dedicamos aos seres vivos e ás persoas, atendendo ao corpo, aos hábitos saudables e a como nos agrupamos (familia/localidade).
Dentro dos seres vivos puxemos especial atención á especie dos animais invertebrados.
Comezamos o trimestre con charlas sobre o mundo das abellas e logo trouxemos formigas, caracois, bolboretas, vermes de seda... para observalos e aprender moito sobre eles.
Aproveitamos ás saídas á natureza para seguir observando e aprendendo de todos os animais e plantas que atopamos.
E por suposto aprendemos a respectalos e coidalos!

FESTA DE FIN DE CICLO DE ED. INFANTIL E GRADUACIÓN DE ED. PRIMARIA

A fin de curso tamén leva consigo ás veces a fin dunha etapa para comezar outra nova.

Isto é o que lles acontece aos nenos e nenas de 5 anos que rematan a etapa de Ed. Infantil e aos que queremos darlles a benvida á Ed. Primaria, e aos nosos mozos e mozas de 6º de Ed. Primaria que marchan ao instituto para comezar á ESO
Foron uns intres de compartir lembranzas e cariño mutuo moi emocionantes!

FESTIVAL FIN DE CURSO 21/22

E por fin chegou un das festas máis agardadas!

O festival de fin de curso!

Xa por fin as nais, os pais e demais familia puidestes gozar con nós da arte dos nosos alumnos e alumnas que nos deixaron coa boca aberta coma sempre!
Bravo! 
Queremos das as grazas ás mestras de música Lucía e Bibi por organizalo con tanto esforzo e cariño.

AUDIOCONTOS - BIBLIOTECA CREATIVA

O Equipo de Biblioteca ten o pracer de presentarnos a fermosa creación literaria do noso alumnado, froito da participación no programa de Innovación educativa "Bilioteca Creativa". Trátase de audiocontos, algúns de creación propia do alumnado e outros aos que lle puxeron imaxes e voz.

Desfrutade deles!!

A toupiña: https://youtu.be/l61QKn_cJhc

A cebra camila: https://youtu.be/94G-dAUeg8c 

Unha maldición mariña: https://youtu.be/q2QT3-4bDQg 

Unha árbore: https://youtu.be/jX79o2qUDG4 

Rá de tres ollos: https://youtu.be/wr06LMfEqlw 

Paxaro amarelo: https://youtu.be/6pa3xDms6io 

O monstro de cores: https://youtu.be/E5fjGgRz00Q 

Monstro rosa: https://youtu.be/tXr62HsG74E 

Capitana June: https://youtu.be/DZxnbDwT11k 

GAÑADORES CONCURSO OS BOLECHAS

Estamos moi felices de contarvos que gañamos un premio no concurso dos Bolechas do Día das Letras Galegas!

CHARLAS COIDADO DOS ANIMAIS

CHARLAS DE CONCIENCIACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A IMPORTANCIA DO COIDADO DOS ANIMAIS 

Durante o mes de abril os nenos e nenas de Ed. Infantil e agora en maio os alumnos e alumnas de Ed. Primaria recibiron unhas charlas de sensibilización sobre o maltrato e abandono de animais por parte da Asociación sen ánimo de lucro PROTECTORA OS BIOSBARDOS de Ponteareas.
Faláronnos de como axudan aos animais abandonados ou que viven na rúa a atopar unha nova familia e concienciáronnos de que hai que ser responsables co seu coidado.
Tamén nos invitaron a que fósemos coñecer as súas instalacións e déronnos as grazas pola vosa aportación traendo produtos para os canciños e gatiños que coidan.
MOITAS GRAZAS DE CORAZÓN, FAMILIAS! 

A PITA FALADORA 2021/22 - Nº43

Aproveitamos que hoxe é o Día das Letras Galegas, para publicar a nosa revista. Como xa saberedes, este ano está adicado a Florencio Delgado Gurriarán.

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 43 (fai clic), e este ano repite o formato integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

    

Becas NEAE 2022/23

Acábase de publicar a convocatoria das becas NEAE para o curso 2022/2023. Adiántase o comezo de solicitude das mesmas, e hai de prazo ata o 30 de setembro.

No arquivo adxunto está a convocatoria das mesmas.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Así celebramos o Día das LETRAS GALEGAS 

Estamos a traballar nestes días a obra e vida de Florencio Delgado Gurriarán nas aulas, así como os símbolos de Galicia.
No acto que se celebrou onte día 16 algúns nenos e nenas leron un manifesto a prol da nosa lingua e tamén tivemos a sorte de contar con Cé Orquestra Pantasma que nos fixo cantar e bailar coma tolos!
VIVA O GALEGO!
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Dinamización da Lingua Galega

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

 

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

Distribuir contido