Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Oferta educativa, Novas do Colexio
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25
Instrucións para a admisión do alumnado para o curso 2024-25
O proceso de matrícula para NOVO ALUMNADO comeza coa FASE DE ADMISIÓN. Prazo: do mércores 1 ao luns 20 de marzo.
Para SOLICITAR A ADMISIÓN, hai tres opcións:
A) Cubrir a solicitude informáticamente, asinala manualmente e presentala no centro. (enlace de descarga aquí)
B) Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. (proceso aquí)
C) Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada no centro. (o impreso tamén se pode recoller na secretaría do centro)
Unha vez finalice o prazo de admisión, publicaranse as listas provisionais, abrirase un prazo para posibles reclamacións e acto seguido publicaranse as listas definitivas; iniciando así a segunda parte do proceso: o PROCESO MATRÍCULA.
Nos arquivos adxuntos tedes toda a información sobre os prazos, a relación de vacantes ofertadas, a zona de influencia e os servizos complementarios.
Se solicitades máis dun centro educativo, a solicitude de admisión debe ser entregada no centro que solicitades en primeiro lugar.
Importante: Están admitidas todas as solicitudes de reserva dos centros adscritos, con praza adxudicada.
Para calquera consulta ou dúbida, poñédevos en contacto co centro no 886110532; ou a través do mail ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2024
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Martes 20 de febreiro ás 17:00h
Mércores 21 de febreiro ás 12:45h
Vide a coñecer o noso cole, esperámosvos!
Agradecemos que confirmedes a vosa asistencia enviando un correo a: ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal
Se alguén quedou sen visitarnos, pode solicitar información no 886110532
Benvidos ao noso cole
CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios
1969-2019 50 anos formando para o futuro
Rúa Azorín, s/n. 36860. PONTEAREAS
Telf.: 886 110 532
Fax: 886 110 538
Correo: ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal
Impresos para AUTORIZACIÓNS
Nesta entrada podedes descargar os impresos para diferentes AUTORIZACIÓNS:
Períodos durante os que se poderán presentar as novas autorizacións ou modificación das existentes:
- mes de setembro
- 15 últimos días de xaneiro
- 15 últimos días de marzo
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25
Alumnado procedente do CRA A Picaraña: Están admitidas todas as solicitudes de reserva do centro adscrito, con praza adxudicada.
A listaxe estará publicada no taboleiro do centro.
Tamén pode consultarse a través de admisionalumnado coa chave 365 ou co certificado dixital.
O prazo de renuncia da praza reservada remata o 28 de febreiro.
Nos vindeiros días colgarase toda a información sobre o proceso de admisión para o resto de alumnado.
DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN
Hoxe, 24 de xaneiro, conmemórase o día Internacional da Educación e para elo quixemos recompilar o que significa para vós este concepto, que tan importante é no noso día a día.
Grazas a todas e todos!
O Equipo de Biblioteca
#díainternacionaldelaeducación
#bibliotecaspublicas
#bibliotecasescolaresdegalicia
#abibliodexela
INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA "XELA ARIAS" no Día das Bibliotecas
SOLICITUDE DE COLABORACIÓN NO COMEDOR ESCOLAR
ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024.
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría. O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023. Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
No arquivo adxunto podedes descargar o modelo de solicitude para traer cuberto ao centro OU enviar por correo electrónico.