ANPA, Novas, Escola de Familia

CAPTACIÓN DE IMAXES POR PAIS/NAIS EN EVENTOS DO CENTRO

INFORMACIÓN IMPORTANTE no referente á captación de imaxes realizada polas nais, pais e outros familiares con motivo da celebración de eventos no centro

Conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, as persoas asistentes a calquera actividade/evento/festival celebrado no centro ou polo centro noutra instalación, poderán gravar imaxes do evento exclusivamente para o seu uso persoal e doméstico. A difusión das imaxes captadas polas familias e demais asistentes fóra do ámbito privado, familiar ou de amizade, por exemplo, mediante a súa publicación na Internet accesible en aberto, será responsabilidade única daqueles que leven a cabo a devandita comunicación, que requiriría o consentimento de todas as persoas afectadas.

Comercios colaboradores FANPO 23/24

Adxuntamos o listado de comercios colaboradores da FANPO para o curso 23/24.

INSTALACIÓN E REXISTRO DE ABALARMOBIL: VIDEOTITORIAL

No seguinte vídeo poderás ver unha explicación para a instalación e rexistro da aplicación AbalarMobil

ESTATUTOS DA ANPA O LORUEIRO

No ficheiro adxunto están os Estatutos da ANPA O Loureiro do CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios.

DATOS DE CONTACTO DA ANPA

ANPA O LOUREIRO DO CEIP PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Teléfono: 614 14 95 60

Correo electrónico: anpaoloureiroponteareas@gmail.com

Facebook: anpaoloureiro

ORIENTAREMEDIOS O BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CON NOVIDADES

Nestes días estamos anovando o Blog do Departamento de Orientación (Orientaremedios) ao que podes acceder dende esta web. Durante este mes temos como tema na Escola de Familia Virtual os límites ou normas a aplicar cos nenos e nenas. Xa hai artigos interesantes, que podedes comentar.

PREVENCIÓN DA PEDICULOSE (PIOLLOS)

Como durante este curso están sendo varias as veces que teñen aparecido casos de pediculose (piollos), probablemente por mor do tempo atmosférico que estamos a ter no que vai de curso, é necesario por parte de todos/as extremar as medidas de prevención e tratamento desta praga. Pinchando no seguinte enlace podedes atopar información sobre a prevención e o tratamento desta infección:

http://www.guiainfantil.com/salud/higiene/piojos.htm

OPERACIÓN MEDIA MOCHILA

Na Escola de Familia de Ponteareas elaborouse un folleto sobre as dores de costas e as mochilas. Este folleto está distribuído entre o alumnado do Colexio para que pais, nais e fillos/as coñezan consellos de moita utilidade para evitar problemas de costas nos nenos/as.

Publicaremos o folleto no blog do Colexio proximamente.

O PESO DAS MOCHILAS DOS ALUMNOS E ALUMNAS

O tema do peso das mochilas do alumnado é algo que está a preocupar aos pais e nais. Parece moi interesante un traballo que aparece na revista consumer.es eroski saúde no que se trata este tema. Para velo completo ide a esta dirección en Internet : http://www.consumer.es/web/es/salud/prevencion/2004/10/07/110019.php

 Proximamente dende o Departamento de Orientación farase un tríptico que colgaremos na web do colexio e que se repartirá entre as familias.

Distribuir contido