NO COLEXIO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

00/00/
Array

Na semana do 30 de xaneiro de 2008 fixemos diversas actividades sobre a paz. Como remate, todo o alumnado do colexio formou un mosaico co anagrama da paz e as letras desta palabra debaixo do mesmo. Para iso, empregáronse os traxes que se elaboraron para o Entroido, con moito colorido.

O ALUMNADO FORMANDO O ANAGRAMA DA PAZ

ENGLISH REMEDIOS: BLOG DE INGLÉS DO COLEXIO

00/00/
Array

Acabamos de estrear un novo Blog en Internet do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios": http://englishremedios.blogia.com

Este blog foi creado polas mestras de Inglés do Colexio e nel irán aparecendo diversas actividades e traballos feitos polo alumnado do Colexio.

O ENTROIDO NO COLEXIO

00/00/
Array

Durante esta semana do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2008 celebramos o Entroido no noso Colexio. Todos os días o Meco vai dando unhas ordes para que cumpran alumnos/as e mestres/as. No mércores 30 de Xaneiro faise un ano máis a Degustación de sobremesas de Entroido, xa tradicional no noso Colexio. Estas sobremesas son elaboradas polo alumnado e familias nas casas. No caso do alumnado pertencente a familias inmigrantes, as sobremesas son propias dos seus países de orixe. Con todas as sobremesas faise unha exposición para que sexan vistas por todos/as e logo procédese a súa degustación. O venres 1 de febreiro faremos o Desfile de Entroido, logo do enorme traballo feito polo profesorado e alumnado. Este desfile comezará ás 10.45 aproximadamente e será dende o Colexio ata a Praza Maior de Ponteareas, pasando por varias rúas do casco urbano. Neste desfile tamén participan outros colexios do Concello. Por outra banda, neste ano por vez primeira en moitos anos, un grupo de nais e pais e alumnos/as forman unha Comparsa que vai levar o nome do Colexio e que participará no Concurso de Comparsas do Concello de Ponteareas, desfilando o domingo 3 de febreiro e o martes. 

Esperamos pasalo moi ben.

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º A PRIMEIRO PREMIO NUN CONCURSO

00/00/
Array

O alumnado de 1º A, coordinado pola súa titora Mª Victoria, acadou o Primeiro Premio no Concurso de debuxo "Somos diferentes, somos iguais", convocado polo Servizo de Información ao Emigrante e Inmigrante do Concello de Ponteareas.

O traballo presentado é todo un exemplo do tratamento que recibe a atención á diversidade no C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios".

Felicitamos aos premiados/as.

O CEIP NOSA SRA DOS REMEDIOS PRESENTOU UNHA PONENCIA SOBRE O PROA EN SANTIAGO

00/00/
Array

O 15 de decembro en Santiago, dentro da Xornada de formación do Programa PROA, organizada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e O.U., o noso Colexio presentou unha ponencia sobre a súa experiencia con este programa no curso pasado, valorada moi positivamente pola Consellería.

Isto dá unha idea de que o traballo que se fai neste Centro no eido da Atención á diversidade está sendo ben valorado e é de calidade.

Lembramos que somos un dos Colexios que ten un Plan de Mellora da Calidade por segundo ano dirixido especialmente á atención a diversidade.

A ponencia foi presentada polo coordinador do Programa PROA no Colexio, apoiada nunha presentación power point.

SEMINARIO PERMANENTE DE EDUCACIÓN INTERCULTURAL

00/00/
Array

Igual que en anos anteriores, seis mestras/es do noso C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" teñen concedido un Seminario Permanente de Educación Intercultural por parte da Consellería de Educación. Para este curso hai dúas novas incorporacións e xa se está a traballar en diversas actividades a desenrolar durante o curso.

No noso Colexio a Educación Intercultural ocupa un lugar privilexiado e a existencia de alumnado de diferentes culturas e países constitúese nun feito moi enriquecedor para toda a Comunidade Educativa.

Podes acceder a máis información deste Seminario Permanente entrando no blog do mesmo

O C.E.I.P. "NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS" CONTA CUN PLAN DE MELLORA DA CALIDADE TAMÉN NESTE CURSO

00/00/
Array

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vén de aprobar o Plan de Mellora da Calidade para este curso 2007-08, que presentou o noso Colexio.

Somos o único centro da zona que conta cun Plan deste tipo e isto vai supoñer un novo pulo na mellora da calidade da educación que se presta neste centro.

Ademais, este curso contamos cun equipo de calidade no Colexio que vai traballar neste eido con continuidade.

OPERACIÓN MEDIA MOCHILA

00/00/
Array

Na Escola de Familia de Ponteareas elaborouse un folleto sobre as dores de costas e as mochilas. Este folleto está distribuído entre o alumnado do Colexio para que pais, nais e fillos/as coñezan consellos de moita utilidade para evitar problemas de costas nos nenos/as.

Publicaremos o folleto no blog do Colexio proximamente.

O PESO DAS MOCHILAS DOS ALUMNOS E ALUMNAS

00/00/
Array

O tema do peso das mochilas do alumnado é algo que está a preocupar aos pais e nais. Parece moi interesante un traballo que aparece na revista consumer.es eroski saúde no que se trata este tema. Para velo completo ide a esta dirección en Internet : http://www.consumer.es/web/es/salud/prevencion/2004/10/07/110019.php

 Proximamente dende o Departamento de Orientación farase un tríptico que colgaremos na web do colexio e que se repartirá entre as familias.

PUBLICADOS NA WEB VARIOS DOCUMENTOS DO PROGRAMA DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

00/00/
Array

Veñen de ser publicados nesta web, no apartado do Departamento de Orientación -Técnicas de Estudio, catro documentos dentro do Programa de Técnicas de Estudio.

Distribuir contido