EXPERIENCIA CON LIBROS ELECTRÓNICOS NO CLUB DE LECTURA OS COMELIBROS

Neste curso 2013/14 no Club de lectura Os comelibros no que participa alumnado de 6º de E. Primaria do CEIP Nosa Señora dos Remedios, baixo a coordinación do Equipo de Biblioteca do Colexio, estamos a iniciar a experiencia con lectores de libros electrónicos por parte do noso alumnado.

Estamos seguros de que vai ser unha experiencia moi agradable para eles/as.

Esta é unha nova aposta polas TICs no noso centro.

GRAN ÉXITO NO CONCERTO DE NADAL DO CORO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Este sábado 14 de decembro de 2013 a partires das 20:30 horas, o coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios regalounos unha sobrebia actuación para un público totalmente integrado.

O coro está dirixido pola mestra Ruth Baros Abalde e acompañado ao piano pola mestra Cecilia López Louro.

O concerto comezou coa actuación dos nenos/as de 1º, 2º e 3º de E. Primaria (máis de cen cantores). Logo actuaron os nenos/as de 4º, 5º e 6º de E. Primaria. O broche final puxérono todos xuntos cantando unha panxoliña. En total 158 voces que forman parte dun proxecto moi importante de fomento da arte, neste caso a música, entre o alumnado do noso colexio. 

O Auditorio Municipal Reveriano Soutullo rexistrou unha enorme afluencia de espectadores/as que encheron totalmente o mesmo, facendo pequeno este auditorio.

Queremos felicitar a estes artistas e as profes que traballan con eles no coro polo calidade da súa actuación.

RADIO FALADORA DE NOVO EN MARCHA

Un ano máis, a Radio Faladora, a nosa radio escolar, iniciou as súas emisións hoxe 6 de novembro cun programa no que o núcleo central é a celebración do Samaín e Halloween no colexio. Xa se pode escoitar o programa en versión web dende esta páxina do colexio. A coordinación da Radio Faladora é realizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio e participan un número moi importante de alumnos/as tanto como guionistas e como locutores/as.

TODA A INFORMACIÓN DA BIBLIOTECA ESTÁ EN VIAXA CON POPI

Para informarte sobre as actividades da Biblioteca do CEIP Nosa Señora dos Remedios pincha aqui

NOVOS VIDEOS EN REMEDIOSTV

Acabamos de subir a Remediostv, a nosa canle de youtube, varios videos con coplas do Entroido 2013. Dende esta web hai un acceso a Remediostv.

CORO CANTEMOS: COMEZO DA ACTIVIDADE CURSO 2013-14

O Coro "Cantemos" xestionado polo CEIP Nosa Sra. dos Remedios e a Asociación Musical e Cultural Obradoiro Vocal "A Vila" abre o seu prazo para a captación de novas voces.

Horarios: Nenos/as de 4 a 7 anos luns de 17:30h a 18:15h (grupo a partires de 15)
               Rapaces/as de 8 a 16 anos xoves de 18:00h a 19:00h.

Lugar de ensaio: Planta Baixa de E. Infantil CEIP Nosa Sra. dos Remedios.

Podes descargar o boletín de inscrición nesta mesma páxina e entregalo na Secretaría do centro de 9:30h a 14:00h

*Data de comezo dos ensaios: Xoves 3 de outubro

¡¡¡ANÍMATE E CANTA CON NÓS!!!!!!

Distribuir contido