LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN CURSO 2020/21

26/06/2020 13:52
Atlantic/Bermuda

Hoxe publícase a LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS para o curso escolar 2020/21. Como marca a convocatoria, as listaxes poderanse consultar PRESENCIALMENTE no taboleiro de anuncios do centro; ou ben TELEMÁTICAMENTE a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre (en caso de non ter certificado dixital, pódese igualmente acceder ao estado da súa solicitude).

Contra estes listados poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.