SOLICITUDE DE COLABORACIÓN NO COMEDOR ESCOLAR

22/06/2020 13:08
Atlantic/Bermuda

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2019-2020.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2020-2021, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría. O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2020, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2020. Durante o curso escolar 2020-2021 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas. 

No arquivo adxunto podedes descargar o modelo de solicitude para traer cuberto ao centro.

AdxuntoTamaño
Solicitude colaboración comedor.pdf104.27 KB