FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E COMPRA DE LIBROS DE 1º E 2º DE E. PRIMARIA E VALES DE COMPRA DE MATERIAL

21/06/2018 10:38
Atlantic/Bermuda

AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS DE TEXTO: Estas axudas son para a compra exclusiva de Libros de texto para 1º e 2º de E. Primaria dentro do programa de gratuidade solidaria. Lembramos que o prazosolicitalas rematará o 22 de xuño.
 
ENTREGA DE VALES-CHEQUES DE AXUDA:

 

 

A partires do 3 de Xullo e ata o 9 dese mes de Xullo poderán recoller os vales-cheque da axuda para Libros e para material escolar na Secretaría do Colexio de 10.00 a 13.00 horas.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: 3º, 4º, 5º e 6º de  E. Primaria

       A relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro de anuncios do colexio e na páxina web do colexio o 5 de xullo de 2018. As persoas interesadas poderán formular reclamación no centro os días 6 e 9 de xullo de 2018.

 

            A relación definitiva publicarase o 12 de xullo de 2018 no taboleiro e na web do Centro. Os libros de texto deste fondo entregaranse ás familias o 12, 13 e 16 de xullo de 2018 de 10:00 a 13:30.