Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Xuño 16, 2020
Start: 16/06/2020 12:28

Publicación das LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ANOTADO aos servizos de comedor e transporte escolar para o próximo curso 2020/21 (ver arquivos adxuntos)SOAMENTE É UNHA RESERVA, xa que aínda non sabemos como funcionarán estes servizos nin o número de prazas que poderemos ofertar de cara a setembro.

A primeiros de setembro, como habitualmente, esperamos ter publicadas as listas de alumnado ADMITIDO.

O NOVO ALUMNADO, solicitará estes servizos no prazo de matrícula, xunto cos impresos do centro (1 ao 10 de xullo).

Start: 16/06/2020 12:34

Publícase a listaxe de libros de texto para o curso 2020/21, ver arquivo adxunto.

Xoves Xuño 18, 2020
Start: 18/06/2020 09:01

O Equipo de Biblioteca quere facervos unhas recomendacións lectoras para o verán:

Recomendacións lectoras 3 a 7 anos Recomendacións lectoras 7 a 9 anos Recomendacións lectoras a partir 10 anos

3 a 7 anos                        7 a 9 anos                          A partir de 10 anos

Venres Xuño 19, 2020
Start: 19/06/2020 11:04

Nesta situación tan excepcional que nos impediu realizar os actos de graduación habituais no centro, queremos dar a NORABOA AOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS polo seu final de etapa.

Benvidos á etapa de Educación Primaria!!!

Luns Xuño 22, 2020
Start: 22/06/2020 13:08

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2019-2020.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2020-2021, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría. O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2020, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2020. Durante o curso escolar 2020-2021 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas. 

No arquivo adxunto podedes descargar o modelo de solicitude para traer cuberto ao centro.

Venres Xuño 26, 2020
Start: 26/06/2020 13:52

Hoxe publícase a LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS para o curso escolar 2020/21. Como marca a convocatoria, as listaxes poderanse consultar PRESENCIALMENTE no taboleiro de anuncios do centro; ou ben TELEMÁTICAMENTE a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre (en caso de non ter certificado dixital, pódese igualmente acceder ao estado da súa solicitude).

Contra estes listados poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Mércores Xullo 01, 2020
Start: 01/07/2020 08:08

O horario de atención ao público no mes de xullo é de 10:00 a 13:00h

Distribuir contido