Skip to Content

    

 

VIDEOCONFERENCIA "ESCOLA DE FAMILIAS"

 

CHARLA PARA AS FAMILIAS

O Centro de Formación e Recursos de Pontevedra en colaboración coa dirección do centro  e co obxectivo de mellorar o acompañento no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado, ofrécelles a posibilidade ás familias de participar nunha videoconferencia, cunha duración aproximada de hora e media, para o coñecemento das ferramentas tecnolóxicas educativas a súa disposición, na que se tratarán as seguintes temáticas:comunicación a través de abalarMóbil, emprego das plataformas de videoconferencia (Webex e Falemos) e acceso aos contidos educativos a través da aula virtual do centro.

A data e o horario están aínda por determinar. Para unha mellor organización desta iniciativa necesitamos coñecer a demanda da mesma, polo que rogamos nos comuniquen se estarían interesados en asistir á videoconferencia  poñéndose en contacto co centro .

A aula virtual do CFR de Pontevedra ten un curso en aberto con videotitoriais que poden ser de interese para as familias: 
https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/course/view.php?id=698

AdxuntoTamaño
videoconferencia.jpg78.22 KB


blog | by Dr. Radut