Skip to Content

ORIENTACIÓN

COMO TE SENTES

Queridas familias, nestes difíciles momentos que estamos a vivir estades demostrando a vosa valía, quedando na casa e axudando así a combater o COVID-19. Gustaríanos saber como o estades levando. Este é un cuestionario voluntario, dirixido aos nenos e nenas, que pode facilitar que entre todos poidamos afrontar do mellor xeito posible esta situación.
Estamos para prestar axuda tanto a nivel académico coma emocional.
Grazas por contestar e moito ánimo. Axiña voltaremos a estar xuntos.

Departamento de Orientación do colexio.

CLAVES PARA A XESTIÓN DAS EMOCIÓNS

CLAVES PARA LA GESTIÓN DE LAS EMOCIONES» CON RAFAEL GUERRERO

Neste directo de #AfundaciónEnCasa , Rafael Guerrero vainos falar sobre a xestión das emocións fundamentais para o desenvolvemento emocional dos nos@s fill@s e alumn@s. Ensinaranos unha serie de ferramentas para que tanto  pais, nais e mestr@s teñamos unhos coñecementos mínimos e unha serie de habilidades afectivas para que poidamos axudar aos nos@s fill@a e alumn@s a regular as emocións que aparecen no seu día a día.

 

https://www.youtube.com/watch?v=tOEIVvuITp8#action=share

Conto: Mi héroe eres tú

Este libro ten como finalidade responder as dúbidas de todos os nenos e nenas do mundo en tempos do covid-19.  Grazas a unha pequena enquisa mundial feita en distintos idiomas árabe, italiano, francés, e español soubose como se atopaban estes nenos a nivel mental e psisocial. Neste proxecto participaron máis de 1.700 nenos, pais e educadores de todo o mundo.

Actualmente este conto está traducido a nove linguas, e estase a traballar na tradución doutros 30 idiomas máis.

Este conto infantil está destinado a nenos de 6 a 11 anos de idade.

NORMAS E RECOMENDACIÓNS PARA A SAÍDA D@S NEN@S Á RÚA

Queridas familias, querémosvos deixar un pequeno resumo sobre as normas publicadas polo goberno sobre a saída dos nenos á rúa. Tamén vos damos unhas recomendacións para que a saída sexa o máis levadeira posible.

Agardamos que vos sexan de utilidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut