O evento estaba dentro do programa de actividades do III Salón de Deporte e Turismo Activo "Sportur Galicia" co fin de fomentar a práctica do atletismo nos centros escolares no ciclo de primaria da provincia de Ourense.
Participaron centros escolares da zona do Arenteiro e do Ribeiro nas modalidades de 10x10, xavelina, triplo, balón, saltos e gran prix.
Parte do alumnado do cole participou nunha xornada de deporte escolar. A continuación podedes ver o video resumo da actividade que se subiu á páxina de Facebook do centro:
O venres 14 de xuño realizamos unha andaina ata o área recreativa do pobo de Moldes. O alumnado de 3º ciclo cuntinuou cun roteiro cultural para visitar a Igrexa de San Mamede de Moldes e a tumba de Manuel Chamoso Lamas, asemade visitaron a casa onde Manuel Chamoso Lamas viviu a maior parte da súa vida.
No área recreativa realizamos un xantar campestre, despois de disfrutar das instalacións do recinto, coa realización de múltiples actividades e xogos.
PASÁMOLO XENIAL!!
Armádevos de paciencia que hai máis de 200 fotos na galería de imaxes!
Xa podedes visitar o novo blog de Educación Física da nosa escola, no que pededes atopar vídeos, fotos, xogos e moitas cousas máis relacionadas coa Educación Física.