Skip to Content

Xogos populares

Obradoiro de Xogos Populares

No mes de marzo realizamos no centro un obradoiro de xogos populares impartido por "Lito" da Fundación Xaquín Lorenzo e nel participou todo o alumnado de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria.

  1. Na primeira sesión realizamos varios xogos de "pillas": "O cazador" e "Chourizo envenenado".
  2. Na segunda sesión fixemos "turutas" e xogamos á "Birolla".

Xogos populares: Xogos bailados

O día 4 de abril participamos na primeira sesión do obradoiro de xogos populares que organizou o EDL e que foi impartido maxistralmente por "Lito" do Centro Cultural popular Xaquín Lorenzo coa colaboración de dúas monitoras en prácticas e financiado pola Deputación de Ourense.

Na primeira sesión realizamos xogos de de baile. Nesta ocasión fixemos o xogo/baile do "Millo verde", que conseguiu que tanto como monitores como alumnado desoxidaramos o noso esqueleto.

 

Galería de imaxes da primeira sesión

 

VII Obradoiro de xogos tradicionais

Durante os mércores do mes de marzo realizaremos no noso centro un obradoiro de xogos populares que será impartido polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

Nestas sesións traballaremos os seguintes xogos:

Pillas, Bolos e virolla e Xogos bailados.

Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da actividade

Xogos Populares

Xogos popularesDurante o mes de novembro, desenvolveuse no noso centro un obradoiro de xogos populares, baixo a tutela e organización dos fabulosos membros da fundación Xaquín Lorenzo.

Na primeira sesión practicamos os xogos da porca e do pino.

Na segunda sesión xogamos con aros, peóns e zancos.

Ver reportaxe fotográfica Imaxes da actividade

Xogos populares

Durante o 2º trimestre desenvolveuse no colexio un obradoiro de xogos populares a cargo dos animadores da Fundación Xaquín Lorenzo que un ano máis nos sorprenderon coa posta en escena de diferentes xogos aos que xogaban os nosos paiss e avós.

Foron tres xornadas inolvidables. Xa estamos desexando que chegue o próximo curso...

 

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Distribuir contido


by Dr. Radut