Skip to Content

Fútbol sala

VI convivencia de EDL en Boborás: "Coa máxia do galego"

O martes, 25 de marzo, tivo lugar no noso centro a VI convivencia de EDL da comarca do Carballiño, coa participación dos seguintes colexios: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP de Beariz; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo e CEIP Eulogio Gomez Franqueira de San Amaro.

Durante toda a xornada estivemos acompañados do prestixioso pallaso Tanito, que co seu espectáculo "Sonrisas Máxicas" se encargou de dinamizar a convivencia e de facernos pasar uns momentos inolvidables.

     
     

 

Resultados dos encontrosPola mañá, o alumnado de máis idade participou nos diferentes encontros de fútbol sala que tiveron lugar no pavillón do Concello de Boborás.

Está é unha das actividades deportivas que ten máis éxito entre todo o alumnado dos diferentes centros, tanto feminino como masculino. A pesar do carácter non competitivo que se lle confire a esta actividade, todos queren participar nos diferentes partidos que se programan, aínda que só sexan uns poucos minutos...

Para coñecer os resultados dos diferentes partidos premede na imaxe da esquerda.

 Galería de imaxes da VI Convivencia

Convivencia de EDL da comarca do Carballiño

O día 21 de marzo celebramos a V convivencia de EDL da comarca do Carballiño no CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo.

Este ano participaron os seguintes centros:

  • CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo
  • CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás
  • CEIP Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro.

Pasámolo xenial, tanto o alumnado como o profesorado, en parte grazas a excelente acollida dos anfitrións que este ano foron os membros da comunidade educativa do CEIP Virxe Pena da Sela. Tamén é de agradecer o bo comportamento de todo o alumnado participante nesta xornada de convivencia, na que ademais de compartir experiencias en prol do galego fomos quen de establar novas relacións de amizade que se verán continuadas en próximos eventos deportivos e culturais que realizaremos na comarca do Carballiño.

Galería de imaxes das actividades realizadas


 

CONTACONTOS

 

DEPORTE

XANTAR


FLASHMOB

VARIOS

FLASHMOB "GALICIA STYLE"

Convivencia intercentros

O día 24 de marzo celebramos no noso centro unha nova edición da Convivencia Intercentros que vimos realizando os colexios de Beariz, O Irixo e Boborás.

Este ano a participación superou o centear de persoas. Realizáronse actividades diferentes, atendendo a idade do alumnado:

Os mais cativos:

  • Unha sesión de contacontos, a cargo de Esperanza e Mar, mestras do CEIP Virxe Pena da Sela, que resultou ser espectacular.
  • Estacións de Xogos colaborativos nas instalacións exteriores do centro.
  • Actividades predeportivas nos que se mesturaron os compoñentes dos equipos dos tres coles.

Os máis grandes:

  • Torneo triangular de fútbol sala nas seguintes categorías:
    • Benxamín masculino: Gañador o equipo de Boborás.
    • Alevín masculino: Gañadores os equipos de Beariz e o Irixo.
    • Feminino. Gañador o Equipo do Irixo.
    • Prebenxamín. Gañador o equipo de Boborás.

Unha vez finalizada a actividade deportiva gozamos dunha xornada gastronómica, na que, ademais das viandas, compartimos impresións cos nosos veciños e futuros compañeiros no IES Chamoso Lamas.

Xa estamos desexando que teña lugar outra edición desta Xuntanza!!

 

 Imaxes das actividades da Convivencia

Deporte escolar en Amoeiro

O venres 25 de febreiro disputamos a primeira xornada de fútbol sala no fabuloso pavillón de deportes da localidade de Amoeiro.

Xogamos os seguintes encontros:


Alevíns feminino:

  • Amoeiro 5 - Boborás 3

Alevíns masculino:

  • Amoeiro 3- Boborás 6

Benxamíns masculino:

  • Amoeiro 7- Boborás 7

 

 

Ver reportaxe fotográfica. Imaxes da actividade

Convivencia en Beariz

O xoves 18 de marzo participamos xunto aos centros de Beariz e Virxe Peña da Sela nunha "Convivencia cultural-deportiva" no concello de Beariz.

Foi unha xornada moi especial, onde todos os nenos e nenas participaron nas diferentes actividades programadas ao longo de toda a xornada. Este ano na orqagnización das actividades tamén participaron os ENDL dos respectivos colexios favorecendo que parte das mesmas estiveran orientadas á "Defensa e fomento do uso do Galego", entre as que hai que destacar a elaboración dun gran cartaz co lema de "Sube ao tren do Galego".

As actividades que realizamos foron as seguintes:

  • Elaboración de caricaturas dos alumnos para o mural.
  • Confección do gran cartaz sobre o Galego.
  • Competición a tres bandas de fútbol sala nas seguintes categoría: prebenxamíns, benxamín e alevíns, tanto feminino como masculino.
  • Xantar campestre de convivencia.
  • Partido colectivo entre mestres e alumnos.
  • Clausura da xornada, coa exposición do cartaz.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Resultados e clasificacións dos encontros  

Deporte escolar

Xornada 3

O venres 5 de marzo enfrentámonos aos alumnos e alumnas de Amoeiro. En alevíns masculino e feminino os equipos de Amoeiro gañaron con moita facilidade, pero en benxamíns o partido estivo moi disputado, aínda que ao final a victoria foi para o equipo de Amoeiro.

A proba cultural estivo moi emocionante ata o final, que se decidiu pola mínima a favor de Amoeiro. A pesar dos resultados, pasámolo moi ben e estamos desexando que chegue a próxima xornada.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro


 Xornada 4

O día 11 de marzo disputamos a 4ª xornada do Deporte escolar entre o noso CEIP e o Colexio Sagrado Corazón do Carballiño. Os resultados foron os esperados, xa que a diferencia de matrícula entre os dous centros se reflectiu tamén no desenvolvemento dos encontros. Como o resultado era o de menos (non si!!??) os xogadores pasárono moi ben: uns por xogar e outros por gañar. O mellor de todo é que coñecemos a futuros compañeiros e amigos.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Deporte na escola. Irixo

... convivencia co Irixo, que diver!!!

 O 10 de febreiro de 2009 os alumnos e alumnas de 2º e 3º ciclo do CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo viñeron de visita ao noso centro para participar nunha nova xornada deportiva, dentro do programa de actividade polideportiva-cultural.

Foi unha xornada festiva de convivencia , na que aproveitamos para coñecer un pouco máis e mellor aos nosos veciños do Irixo.

Pola mañá, disputamos varios encontros das seguintes  modalidades deportivas: balonmán, volei, fútbol sala e baloncesto.

Depois de xantar todos xuntos realizamos a proba cultural tendo de siareiros a todo o alumnado do colexio.

Grazas a estas probas, os alumnos e alumnas de 6º curso, van coñecendo aos compañeiros do próximo curso no IES Chamoso Lamas.

  Para ver máis imaxes da competición preme en Ir a galería de imaxes

Distribuir contido


by Dr. Radut