Skip to Content

Actividade lúdica

Iniciándonos no taekwondo

A principios do mes de abril organizamos no colexio unha xornada de taekwondo dentro das actividades lúdicas do Plan Proxecta.

A actividade comezou cun pequeno relatorio a cargo dun membro da Federación que nos amosou de xeito ilustrativo e motivador cal é a esencia desta modalidade deportiva, que máis que un deporte pódese considerar como unha forma de vida.

Posteriormente á charla, pasamos á acción. Nas instalacións deportivas do noso centro realizamos unha serie de exercicios introdutorios para practicar taekwondo.

A maioría do alumnado non tiña experiencia neste deporte polo que esta actividade foi para eles unha gran novidade  supuxo unha experiencia irrepetible.

Na seguinte galería podedes abservar en imaxes as actividades realizadas durante a xornada.

Colombofilia

O venres, 31 de maio, realizamos no centro a última actividade deste curso dentro do programa Xogade.

Nesta ocasión tivemos un fantástico relatorio sobre a colombofilia que foi impartido polos membros da Federación Galega de colombofilia Angel (Presidente da mesma) e Carlos.

Explicáronnos en que consiste este deporte e todo o que se precisa saber para practicalo. Para a maioría dos presentes foi un descubrimento todo o que nos expuxeron relacionado coa competición deportiva das soltas de pombas mensaxeiras, así como os adestramentos que hai que facer con elas: desde que son moi novas ata que xa están en idade de competición

Asemade, trouxeron varias pombas mensaxeiras que puidemos observar e tocar, localizando nelas os sensores que levan no peteiro que as diferencian das outras pombas.

Distribuir contido


by Dr. Radut