Skip to Content

Campo a través

Final comarcal de Campo a Través

O martes, 18 de febreiro, por fin puidemos celebrar a final comarcal da proba de campo a través no Puzo do Lago de Maside, despois de varios aprazamentos por mor da choiva.

O tempo deixounos disfrutar dun día espléndido nunha paraxe ideal para a práctica deste deporte.

Na proba participaron case a totalidade dos centros educativos da comarca do Carballiño, pertencentes á Agrupación Deportiva Arenteiro:

  • CEIP Nª Sª de Xuvencos-Boborás.
  • CEIP de Beariz
  • CPI Antonio Failde-Cambeo
  • CEIP Virxe da Pena da Sela-O Irixo
  • CEIP Ramón Otero Pedrayo –Amoeiro
  • CEIP Eulogio Gómez Franqueira-San Amaro
  • Colexio Sagrado Corazón-Carballiño
  • Colexio Vila do Arenteiro-Carballiño
  • IES Chamoso Lamas-Carballiño
  • CEIP da Uceira-Carballiño
  • IES Nº1-Caballiño
  • CPI Virxe da Saleta- Cea

O número de atletas participantes foi de 633, nas categorías de benxamíns, alevíns, infantís e cadetes, tanto feminino como masculino.

O nivel amosado polos atletas foi espectacular. Cada ano se superan a se mesmos nas marcas obtidas, a pesar de que este ano o percorrido trazado pola organización foi un pouco máis grande que en pasadas edicións. Nas seguintes ligazóns podedes descargar as clasificacións:

Desde aquí queremos amosar o noso agradecemento a todas e todos os participantes, aos seus mestres e sobre todo ao concello de Maside pola súa colaboración desinteresada na organización deste evento multitudinario.

 

Final comarcal de campo a través

O xoves, 24 de xaneiro, participamos na Final comarcal de campo a través que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro na paraxe espectacular que sempre nos ofrece o Puzo do Lago do concello de Maside.

Participaron un total de 10 centros educativos da comarca  do Carballiño, sendo cerca dos cincocentos os participantes inscritos. 

A climatoloxía axudou moito a que a xornada se desenvolvera nun contexto idóneo para a práctica deportiva do campo a través, o que redundou nas fantánticas marcas acadadas polos atletas.

É de agradecer o bo comportamento e colaboración da práctica totalidade dos participantes que favoreceu que a xornada deportiva fose unha experiencia enriquecedora e inolvidable para todos e todas.

Por último felicitar aos nosos atletas polos resultados acadados, e en especial a Roi Pagán polo 2º posto en categoría Benxamín e a Alberto Carracelas polo 2º posto en Alevín masculino, sen esquecernos do primeiro posto acadado polo equipo alevín masculino.

Fase Zonal 2012 de Campo a través

Equipo infantil femininoO xoves, 22 de novembro, participamos na proba de Campo a Través que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro, pertencente ao programa Xogade que promociona e coordina a Secretaría Xeral para o Deporte. Nesta convocatoria participaron un total de nove centros da comarca do Carballiño, cun total de 429 inscritos, nas diferentes probas.

É de agradecer a colaboración ofrecida polo Concello de Maside, que nos facilitou as fabulosas instalacións do Puzo do Lago, polo Inorde na colocación do hinchable de Meta e Saída, e dos técnicos deportivos da Secretaría Xeral para o Deporte.

Asemade, debemos felicitar a todos os centros participantes pola súa contribución a que a xornada deportiva se desenvolvera dentro dun ambiente idóneo para fomentar o espírito e valores deportivos que se espera dos escolares.

Preme para ver as clasificacións:

GALERÍA DE IMAXES

 

Tamén felicitamos a todas e todos os participantes do noso centro e en especial a Sara Ramírez e Alberto Carracelas polos logros acadados nas categoría de infantis feminino e alevín masculino.

Final comarcal de Campo a Través

Saída de alevínfemininoO día 2 de febreiro participamos na final comarcal de Campo a través na magnifica paraxe do Puzo do Lago de Maside.

Nunha mañá soleada, aínda que fría, 270 corredores  pertencentes aos colexios: CEIP de Bearíz; CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás; CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo; CEIP Eulogio Gómez Franquira de San Amaro; IES nº 1 do Carballiño; CPR Sagrado Corazón do Carballiño e CPR Vila do Arenteiro do Carballiño participaron nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.

Este ano, as inscricións sufriron unha merma considerable debido á protesta que moitos centros públicos están a facer contra as directrices e normativas que está a ditar a Xunta de Galiza e que redundan negativamente na calidade do ensino.

Felicitamos a todas e todos os participantes e en especial aos que acadaron subir ao podio do noso colexio: Amancio Sanjurjo en categoría infantil masculino e Sara Ramírez en categoría infantil feminino.

As clasificacións completas podédelas descargar aquí:

  • Cadro de honra
  • Clasificación individual por categorías
  • Clasificación por equipos

Na seguinte ligazón podedes acceder á reportaxe fotográfica da carreira

 

Video das carreiras:

Campo a través no Puzo do Lago

O xoves, 24 de novembro, celebrouse a primeira proba de campo a través do curso 2011/2012 no Puzo do Lago de Maside, organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro.

Participamos un total de 8 centros educativos da comarca do Carballiño con 251 atletas inscritos.

A xornada deportiva estivo acompañada dun soleado día, o que axudou a que fose unha gran festa do deporte escolar da comarca.

Hai que felicitar a todos os participantes polo bo comportamento no desenvolvemento das diferentes probas e en especial aos corredores que conseguiron subir ao podio.

Clasificacións:

Imaxes da competición 

 

Máis información no Blog da Agrupación Deporiva Arenteiro.

Final comarcal campo a través

O 3 de febreiro celebramos a final comarcal da proba de campo a través no Puzo do Lago de Maside.

Participaron cerca de 500 nenos de 12 centros educativos da Agrupación Deportiva Arenteiro.

Os resultados individuais e a clasificación por equipos está colgada no blog da agrupación.

 

 

Os alumnos do noso centro obtiveron uns resultados impresionantes:

  • 2º posto en benxamín masculino.
  • 2º posto en infantil feminino.
  • 2º posto por equipos en benxamíns masculino.
  • 3º posto en infantiles masculino por equipo

Ver reportaxe fotográfica. Imaxes da actividade

Campo a través no Puzo do Lago

Puzo do LagoO 25 de novembro participamos na carreira de Campo a Través que se celebrou no Puzo do Lago de Maside.

A pesar de que o tempo non acompañou á inauguración da tempada deportiva da nosa agrupación, a xornada foi un éxito rotundo de participación e deportividade. Os primeiros postos estiveron bastante repartidos entre os 10 centros educativos participantes. Do noso centro hai que destacar a actuación de Alberto Carracelas (2º de Benxamín Masculino), Melani Dobbs (4º de Infantil Feminino) e Juan Fernández (4º de Infantil Masculino).

Nas seguintes ligazóns podedes desgargar as clasificacións por categorías e o cadro de honor desta proba.

  • BM, BF, AM, AF, IM, IF, CM, CF e Cadro de Honor.

Artigo no blog da Agrupación Deportiva Arenteiro.

Ver reportaxe fotográfica Imaxes da actividade

Campo a través

O 26 de novembro celebramos no Puzo do Lago, en Maside, a proba comarcal de campo a través. Participaron un total de nove centros da comarca do Arenteiro con 364 inscicións nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.

A xornada foi todo un éxito de participación, colaboración e comportamento. Os éxitos deportivos estiveron moi repartidos entre todos os centros.

Asemade, tamén hai que destacar a colaboración prestada polo Concello de Maside na organización da proba e na entrega de medallas, contando coa presencia do alcalde do Concello na mesma.

Os corredores do noso centro conseguiron subirse ao podio en dúas ocasións: Melani en alevín feminino e Amancio en alevín masculino. Moitos parabéns!!!

Clasificacións das diferentes categorías en .pdf

Podedes ver máis imaxes na galería do centro


FINAL COMARCAL no Parque de Carballiño 

No mes de xaneiro celebramos a final comarcal no Parque do Carballiño. A metereoloxía ese día non acompañou moito, pero a xornada resultou espectacular en canto ao deportivo.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Campo a través no Parque de Carballiño

... canto nos cansamos, pero que ben o pasamos!!!

O 20 de novembro de 2008 participamos todos os alumnos e alumnas de 2º e 3º Ciclo de  E.P. na proba de Campo a través que se celebrou no Parque de Carballiño.

Tivemos unha xornada ideal para correr, o que se reflectiu nos bos resultados acadados polos nosos corredores, nas diferentes probas en que participamos. O mellor resultado do noso centro foi logrado por Melani Dobbs que realizou unha gran carreira e chegou á meta  no segundo lugar da categoría de Benxamíns feminino.

 Na seguinte ligazón podedes descargar as clasificacións.  
  Para ver máis imaxes da competición preme en Ir a galería de imaxes

Distribuir contido


by Dr. Radut