Skip to Content

Balonmán

IX edición do torneo de minibalonmán

O día 30 de abril participamos no IX edición do torneo de minibalonmán que organizou a agrupación Deportiva Arenteiro, e que tivo lugar no pavillón Paco Chao do Carballiño.

Os equipos presentes no campionato foron os seguintes: CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; CEIP Otro Pedrayo de Amoeiro; CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás; CPI Virxe da Saleta de Cea e CEIP da Uceira do Carballiño e CPI Antoinio Failde de Cambeo.

Este ano o número de equipos participantes foi superior aos últimos anos,  por iso resultou ser un torneo moi compititivo e igualado quedando os nosos representantes nun meritorio 4º posto.

Hai que felicitar a todos os participantes no torneo pola súa deportividade e bo comportamento.

Na seguinte ligazón podedes descargar os resultados e a clasificación

 

GALERÍA DE IMAXES

VIII torneo de minibalonmán

O día 17 de abril participamos no VIII torneo de minibalonmán que organizou a agrupación Deportiva Arenteiro, e que tivo lugar no pavillón Paco Chao do Carballiño.

Os equipos presentes no campionato foron os seguintes: CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; CEIP Otro Pedrayo de Amoeiro; CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás; CPI Virxe da Saleta de Cea e CPR Vila do Arenteiro do Carballiño.

A pesar de que acadamos o derradeiro lugar, pasámolo xenial, xa que nos volvemos a atopar cos amigos doutros coles da comarca.

Hai que felicitar a todos os participantes no torneo pola súa deportividade e bo comportamento.

Na seguinte ligazón podedes descargar os resultados e a clasificación

 

GALERÍA DE IMAXES

VII torneo de balonmán

O mércores, 22 de abril, paricipamos no VII torneo de balonmán que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro no pavillón Paco Chao do Carballiño.

No torneo participamos os equipos dos seguintes colexios na categoría de alevíns mixtos: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP Virxe da Pena da Sela; CEIP de Beariz e CPR Vila do Arenteiro.

A xornada foi unha gran festa deportiva, onde demostramos que se pode desfrutar do deporte máis alá do fútbol.

Desde aquí queremos felicitar a todos os xogadores e mestres polo esquisito comportamento amosado ao longo do campionato, e agradecer aos responsables do pavillón a dispoñibilidade prestada.

O calendario de partidos e resultados pódese descargar aquí

Preme na imaxe para ver a reportaxe fotográfica

 

 

VI Torneo de Balonmán 2011

O mércores 30 de marzo participamos na VI edición do torneo de balonmán que se celebrou no pavillón deportivo do Paco Chao de Carballiño.

A xornada estivo marcada polo bo ambiente e concordia entre todos os equipos participantes.

O nivel de xogo foi espectacular, dándose resultados moi axustados xa que o nivel dos equipos era moi parello. Ao final a experiencia do combinado de Beariz fixo que a balanza se inclinara para eles, acadando o noso equipo un meritorio segundo posto.

Ver resultados en pdf.

 Imaxes das actividades do torneo

.

V edición torneo balonmán

O mércores 12 de maio celebramos no pavillón Paco Chao do Carballiño a V edición do torneo de balonmán que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro.

Participamos no torneo os equipos dos colexios de Beariz, Boborás, Amoeiro e O Irixo  e a competición tivo un formato de liguilla: xogamos todos os equipos contra todos. O xogo desenvolvido polos participantes foi de gran calidade, levándose o trofeo de campión os pupilos de Beariz nun partido trepidante ante o equipo de Amoeiro.

O resto de resutados e clasificación podédeslo ver na seguinte ligazón.

 Podedes ver máis imaxes na galería do centro

 

Distribuir contido


by Dr. Radut