O evento estaba dentro do programa de actividades do III Salón de Deporte e Turismo Activo "Sportur Galicia" co fin de fomentar a práctica do atletismo nos centros escolares no ciclo de primaria da provincia de Ourense.
Participaron centros escolares da zona do Arenteiro e do Ribeiro nas modalidades de 10x10, xavelina, triplo, balón, saltos e gran prix.
Parte do alumnado do cole participou nunha xornada de deporte escolar. A continuación podedes ver o video resumo da actividade que se subiu á páxina de Facebook do centro:
Durante o mes de xuño realizamos no centro o II torneo de bádminton.
Participou todo o alumnado de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria. Este ano notouse unha melloría importante no nivel dos participantes debido á experiencia acumulada ao longo destes dous últimos anos.
Organizamos dúas competicións: unha de participación individual e outra en parellas.
Cadro de Honra:
Finalistas individuais
Finalistas de dobres
Tivemos medallas para todos os participantes e trofeo para os gañadores de cada categoría.
Asemade, hai que destacar os seguintes premios otorgados ao xogador revelación e á deportividade:
A principios do mes de abril organizamos no colexio unha xornada de taekwondo dentro das actividades lúdicas do Plan Proxecta.
A actividade comezou cun pequeno relatorio a cargo dun membro da Federación que nos amosou de xeito ilustrativo e motivador cal é a esencia desta modalidade deportiva, que máis que un deporte pódese considerar como unha forma de vida.
Posteriormente á charla, pasamos á acción. Nas instalacións deportivas do noso centro realizamos unha serie de exercicios introdutorios para practicar taekwondo.
A maioría do alumnado non tiña experiencia neste deporte polo que esta actividade foi para eles unha gran novidade supuxo unha experiencia irrepetible.
Na seguinte galería podedes abservar en imaxes as actividades realizadas durante a xornada.
O 21 de maio participamos no pavillón do Paco Chao na derradeira competición deportiva do curso 2013/2014: Xogando ao atletismo.
Este ano celebramos a V edición dunha das nosas actividades deportivas favoritas. Participaron os seguintes colexios da Agrupación Deportivo Arenteiro:
CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.
CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
CPI Virxe da Saleta de Cea.
CEIP de Amoeiro.
CPR Vila de Arenteiro do Carballiño.
CEIP Calvo Sotelo do Carballiño.
CEIP de Beariz.
Os colexios do Vila de Arenteiro e de Calvo Sotelo repartíronse os primeiros postos nas das categorías de alevíns e benxamíns.
Nós acadamos un meritorio 3º posto na categoría benxamíns e un 4º posto na categoría de alevíns.
O día 30 de abril participamos no IX edición do torneo de minibalonmán que organizou a agrupación Deportiva Arenteiro, e que tivo lugar no pavillón Paco Chao do Carballiño.
Os equipos presentes no campionato foron os seguintes: CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; CEIP Otro Pedrayo de Amoeiro; CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás; CPI Virxe da Saleta de Cea e CEIP da Uceira do Carballiño e CPI Antoinio Failde de Cambeo.
Este ano o número de equipos participantes foi superior aos últimos anos, por iso resultou ser un torneo moi compititivo e igualado quedando os nosos representantes nun meritorio 4º posto.
Hai que felicitar a todos os participantes no torneo pola súa deportividade e bo comportamento.
Na seguinte ligazón podedes descargar os resultados e a clasificación:
O martes, 25 de marzo, tivo lugar no noso centro a VI convivencia de EDL da comarca do Carballiño, coa participación dos seguintes colexios: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP de Beariz; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo e CEIP Eulogio Gomez Franqueira de San Amaro.
Durante toda a xornada estivemos acompañados do prestixioso pallaso Tanito, que co seu espectáculo "Sonrisas Máxicas" se encargou de dinamizar a convivencia e de facernos pasar uns momentos inolvidables.
Pola mañá, o alumnado de máis idade participou nos diferentes encontros de fútbol sala que tiveron lugar no pavillón do Concello de Boborás.
Está é unha das actividades deportivas que ten máis éxito entre todo o alumnado dos diferentes centros, tanto feminino como masculino. A pesar do carácter non competitivo que se lle confire a esta actividade, todos queren participar nos diferentes partidos que se programan, aínda que só sexan uns poucos minutos...
Para coñecer os resultados dos diferentes partidos premede na imaxe da esquerda.
O martes 11 de marzo participamos na final comarcal de bádminton da comarca do Carballiño organizado pola Agrupación deportiva Arenteiro e coodinada por Cristina Chamoso nas magníficas instalacións do IES nº 1 do Carballiño.
O noso centro tivo 12 representantes nas categorías alevín masculino e feminino que competiron contra os representantes do CEIP da Uceira do Carballiño e o CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
Foi unha xornada moi intensa na que, ademais de competir, convivimos cos nosos compañeiros dos outros centros.
Cadro de honra:
Alevín masculino
Alberto do CEIP Nosasa Sra de Xuvencos
Adrián do CEIP da Uceira
Daniel do CEIP da Uceira
Samuel do CEIP Virxe da Pena da Sela
Alevín feminino
Laura do CEIP da Uceira.
Ana do CEIP Virxe da Pena da Sela
Eva do CEIP Nosa Sra de Xuvencos
María do CEIP Virxe da Pena da Sela
Moitos parabéns para todos os participantes e en especial para Aberto e Eva do noso centro.