Skip to Content

                              

Letras Galegas

LETRAS GALEGAS 2022

LETRAS GALEGAS 2021

Co motivo da celebración das Letras Galegas, o alumnado do cole elaborou uns cartaces con audios e ilustracións propias coa vida e obra de Xela Arias Castaño.

A música que ten de fondo é de Sondeseu "Ciclotimias".

No seguinte video podedes ver o traballo que fixeron.

Esperamos que vos guste.

RICARDO CARVALHO CALERO

Vídeo realizado cos debuxos do alumnado do CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS, coa canción "Teu nome por mar e terra" cantada por Guadi Galego e Xavier Díaz.

O equipo de Dinamización Lingüística do centro agradece a todas as familias a súa colaboración para poder realizar este vídeo en torno a Carvalho Calero.

MINICONTO DE NATURIZO

SABELA GAGO mandounos outro conto para celebrar as Letras Galegas e ademais unha actividade didáctica para realizar.

MOITAS GRAZAS SABELA por contar connosco.

LETRAS GALEGAS 2020

Dende o equipo de dinamización lingüística do centro queremos animarvos a participar nesta proposta, so tendes que descargar a imaxe de Ricardo Carvalho Calero, decorala como máis vos guste e mandala por email. Entre todos os debuxos faremos un vídeo que colgaremos na páxina web.

Tamén vos quedan noutra entrada varias actividades elaboradas polo Seminario Galán sobre o autor por se queredes saber máis del.

ACTIVIDADES PARA AS LETRAS GALEGAS

ACTIVIDADES ELABORADAS POLO SEMINARIO GALÁN

BIOGRAFÍA PARA INFANTIL

ACTIVIDADES ONLINE PARA 3 ANOS

ACTIVIDADES ONLINE PARA 4 ANOS

ACTIVIDADES ONLINE PARA 5 ANOS

BIOGRAFÍA PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADES ONLINE PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADES ONLINE PARA 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

BIOGRAFÍA PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADES PARA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADES PARA 4º DE PRIMARIA

BIOGRAFÍA PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADES PARA 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADES PARA 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

XOGO SOBRE A BIOGRAFÍA DE RICARDO CARVALHO CALERO ELABORADO POLO COLEXIO SAN PÍO X DE OURENSE

 

Letras Galegas 2014

Ides pescudar información sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2014. Unha vez que rematedes podedes realizar as actividades interactivas que se relacionan máis abaixo:

 

  • Webquest elaborada polo noso EDL

  • Actividades en liña para todos os ciclos de Infantil e Primaria do Seminario Galán.

2014: Xosé María Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro (1914-1990) forma parte da chamada “escola mindoniense” xunto con escritores como Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Iglesias Alvariño..., mantendo un forte compromiso ao longo da súa vida co noso idioma e a nosa cultura.

É autor dun único libro publicado no ano 1961, “Nimbos” que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega contemporánea.

Texto do Seminario Galán de Arteixo

Día das Letras Galegas 2013

Durante a semana das Letras Galegas realizamos varias actividades destinadas a pescudar sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, entre as que destacamos:

  • Compilación dos recursos educativos que fixeron os centros educativosde Galiza.
  • Realización das undidade didácticas que elaboraron os membros do Seminario Galán en todos os ciclos.
  • Realización dunha webquest co fin de elaborar un gran cartaz sobre RVB.
  • Realización da pescuda elaborada polo CEIP Condesa de Fenosa do Barco.
  • Entrega dos premios aos mellores cartacez sobre a defensa e fomento do galego.
  • Reparto dos marcapáxinas gañadores do concurso que convocou a CENDL da comarca do Carballiño.
  • Visita á exposición dos cartaces elaborados polo CEIP de Rianxo.
  • Ampliación da exposición permanente dos cartaces premiados no concurso de cartaces para defensa e fomento do galego.

 

 

Compilación de recursos

Distribuir contido


by Dr. Radut