Skip to Content

Relixión

Renuncia do Papa Bieito XVI

Atopámonos cunha nova histórica dentro da Igrexa Católica, despóis de sete séculos, coa renuncia inesperada do Papa Bieito XVI, que sorprendéu non só ao mundo senón a tódolos estamentos dentro da Igrexa Católica, porque semella que aínda está en plenas facultades físicas e intelectuáis a pesar de que manifestóu estar canso debido á súa idade e doenzas que tuvo en tempos pasados.

Dende o noso colexio amosamos o noso agradecemento polos seus oito anos de Pontificado e as ensinanzas profundas que nos deixóu nos seus moitos escritos pastorais, desexándolle un feliz retiro en silencio como é o seu desexo. Gracias por tanta dedicación que fixo á Igrexa durante todos estes anos.

 

 

Dia da paz

A PAZ: É RESPETAR, QUERER, DIALOGAR, TOLERAR, AXUDAR, PERDOAR, COMPARTIR, VIVIR XUNTOS E SABER ENTENDERNOS E COMPRENDERNOS POR ENCIMA DAS RAZAS,COORES E SITUACIONS SOCIAIS, RELIXIOSAS OU POLÍTICAS.

 

 

                               

 

Festas do Nadal

    

 

     Nas festas do Nadal os cristiáns celebramos e commemoramos os grandes acontecementos da nosa salvación: o nacemento de Xesús, a festa da Sagrada Familia, Santa María Nai, a Epifanía do Señor e o bautismo de Xesús no Xordán por Xoán.

 

 

 

 

 

Responsable

O responsable de impartir Relixión é o sacerdote Don Eladio Rodríguez Rodríguez.

Distribuir contido


by Dr. Radut