Skip to Content

                              

Máis e mellor actividade física

Desde o curso 2012/2013 participamos no programa do Plan Proxecta de Máis e mellor actividade física".

Enténdese que a actividade física implica un movemento corporal nun contexto físico, social e cultural determinado. De tal xeito que, ademais de constituír un fenómeno biolóxico (que permite o coñecemento das estruturas e funcionamento do propio corpo dun xeito integral), facilita a interacción cos/as compañeiros/as e co medio ambiente (o mundo físico no que nos desenvolvemos) e a transmisión de valores e tradicións. Baixo esta visión, a colaboración entre as dúas materias xurdirá dun xeito natural, propiciando a innovación educativa a través dun proxecto interdisciplinario compartido.

O alumnado experimentará como, a través das actividades máis sinxelas, podemos incorporar, ao noso día a día, unha actividade física que incremente a nosa calidade de vida, mellore a nosa saúde e preveña enfermidades.

A utilización das novas tecnoloxías, a participación activa e cooperativa do alumnado durante todo o proceso e o traballo integrado e transversal conforman as liñas estratéxicas principais da interrelación entre o Plan Proxecta e o programa Máis e Mellor Actividade Física.

Todas as actividades que realizamos en dito programa aparecen reflectidas no blog do noso centro de "Boborás en xogo".



page | by Dr. Radut