Cada catro anos, dentro da Festa das Mudacións, realízase a Danza de Xuvencos.
Segundo o historiador Xosé Luis Sobrado "...pódese afirmar que nace na Idade Media, e que se corresponde na súa orixe coas chamadas Danzas gremiais..."
Tradicionalmente eran 8 homes: 4 homes e 4 disfrazados de muller. Na actualidade, a dispoñibilidade de bailaríns vén marcada polo feito de que deben ser mozos e mozas pertencentes á parroquia de Xuvencos e deben estar solteiros e solteiras.
Na organización deste evento participan gran número de persoas do pobo: músicos e persoas responsables e preparar as vestimentas, sen esquecernos do mestre encargado de dirixir aos danzantes. Para todos eles supón asumir o sacrificio que significan os meses de ensaio e o propio día de execución da danza xa que esta vaise desenvolvendo ao longo da celebración de todo o evento que ten unha duración de máis de catro horas.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |