Skip to Content

Obra

Escribiu pouco, quizás porque a súa actividade constante non llo permitiu, e porque a súa morte foi prematura. Cuantitativamente o seu labor literario foi pouco, pero o seu posto na renovación da cultura galega ninguén o discute.

Carballo Calero di que “exerceu máis ben unha influencia socrática que literaria”, foi un mestre de mestres.

Na revista “Nós” deixou ensaios importantes.

Esta función calada, escura e desapercibida, deixou nos seus diálogos a impronta do seu pensar e das súas actuacións. Conduce aos seus discípulos cara o galeguismo.

 

  • Lenda :
    • “Camiñantes”
  • Contos:
    • “Amañecer”: Conto de fonda sensibilidade.
    • “Contos curtos”: varios contos curtos que aparecen publicados na revista Nós.
  • Un romance.
  • “Terencio Mac Swiney”: Artigo sobre este irlandés que loitou pola independencia de Irlanda contra os ingleses.
  • Poesías: 
    • “ Lonxe”
    • “Ano novo, vida nova”.
  • Obra de teatro
    • “A Domeadora”
  • Artigos políticos: 
    • “Orientacións. Os camiños do agrarismo galego”
    • “A significación profunda do galeguismo”.
  • Ensaios:
    •  “A prosa galega”
    • “Teoría cuasi trascendental da velocidade”.


book | by Dr. Radut