Como comentamos onte nesta entrada 3 DE DECEMBRO DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE hoxe tivemos 2 actividades que levou a cabo Sandra Coego, a nai de Iria da clase de 5º de ED. Primaria.
Dende o equipo de biblioteca e tamén dende o centro queremos agradecer a Sandra a súa implicación, creatividade e bo facer, e compartir todo iso con nós é un privilexio.
Hoxe fixo dúas "contadas" a primeira para o alumnado de ED. Infantil.
No que despois de visionar o vídeo de "Diferentes" falounos da diversidade a todos os niveis e o enriquecedor que resulta que todos e todas sexamos diferentes. que é o enfoque lle demos á actividade para os máis pequenos e pequenas) e despois contounos ¡Vivan las uñas de colores! para a continuación facer un mural colectivo con todo o alumnado de ED. Infantil e finalizar pintándonos as uñas de cores ( coa colaboración das profes Natalia, Mercedes e Mirian)
E aquí vos queda unha pequena escolma fotográfica do momento:
A seguinte quenda foi para o alumnado de 1º e 2º de ED. Primaria que tamén desfrutaron do vídeo que Sandra "dobrou " ao galego , despois de falarlles de discapacidade e diversidade.
Para contarlles o "conto da cebola" . Unha historia que invita a reflexionar sobre o que pode influir en nós os comentarios ou reaccións dos demais.
E quizais o que máis lles gustou, ou co que máis desfrutaron foi co "RAP DA CEBOLA" co que nos deleitou Sandra e nos puxo a todos a bailaaaar.
E por último , utilizou unha cebola para darnos a coñecer unha marabillosa mensaxe, na que estamos totalmente dacordo: so podemos darlle AS GRAZAS .
Acó vos quedan unhas poucas fotos da actividade.