Skip to Content

Cartaz sobre Uxío Novoneyra

MuralEste é o resultado do mural realizado para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Uxío Novoneyra.

É o resultado da webquest que realizou o equipo de biblioteca do noso centro sobre Uxío Novoneyra con alumnos do 3º ciclo.

Na parte inferior do cartaz colocouse unha escolma de poemas do homenaxeado para que sexan collidas por todos os membros da comunidade educativa, ou por visitantes do centro.

Os alumnos do 1º ciclo xa se animaron a preparar o poema de "Letanía por Galicia" e teñen pensado recitalo no Festival das Letras Galegas que realizaremos a final de curso.

 



page | by Dr. Radut