Skip to Content

Recopilación do traballo e AVALIACIÓN

O proceso de avaliación é unha parte fundamental en educación. Calificar non é avaliar. Avaliar, vai moito máis alá, e busca coñecer se todo o que facemos está sendo o correcto, ou necesitamos variar algo. Non so se avalía ao alumnado, cómo aprende, qué aprende, senon tamén o proceso de aprendizaxe, para comprobar que é o axeitado. Do mesmo xeito que os/as mestres/as debémonos avaliar constantemente; e o alumnado tamén, a eles mesmos e aos/as compañeiros/as. Por iso, vos pido o último esforzo para que me cubrades dous documentos. Un deles, o de autoavaliación do alumnado. Os mais pequenos, necesitarán axuda das familias, pero deberán contestar eles. Outro documento, para as familias, para recoller datos que considero importantes do proceso avaliativo. Estes documentos están na parte de avaliación da aplicación que mando agora. Se non podedes entrar por esta canle, mais abaixo deixo o enlace directo, e se aínda así tedes dificultades, tratarei de mandalo por whatsapp. Son dous cuestionarios, que vos deberían levar 10 minutos aproximadamente. Tamén vos deixo unha rúbrica exemplo para que vexades como avalío normalmente eu en clase de EF, cunha rúbrica de exemplo dun tema de EDUCACIÓN FÍSICA.

Enlaces directos aos formularios:

Formulario autoavaliación alumnos/as

Formulario para as familias

Exemplo rúbrica de avaliación EF



blog | by Dr. Radut