Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2020-2021

 

Segundo a Orde do 12 de maio do 2020 (DOG 19 de maio de 2020) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

DESTINATARIOS

Ø  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Para alumnado de 3º, 4º e 6º de Educación Primaria.

O alumnado de 5º de Educación Primaria queda pendente, xa que o centro solicitou o Proxecto E-Dixgal (libros dixitais).

Ø  AXUDAS PARA ADQUIRIR OS LIBROS DE TEXTO

Para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Ø  AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

 Para todo o alumnado de Educación Primaria (de 1º a 6º).

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado ao alumnado matriculado en Educación Primaria con renda (exercicio fiscal do ano 2018)  per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

FORMA DE PRESENTACIÓN

Ø  As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Ø  Presentación no centro: opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes.

Ø  A solicitude será única para todos os/as fillos/as.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Ø  ANEXO I e ANEXO II (debidamente cubertos e asinados polos dous proxenitores ou titores legais)

Ø  Copia do libro de familia ou documentación equivalente onde figure o/a alumno/a e os membros computables da unidade familiar.

Ø  En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentencia xudicial ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.

Ø  Fotocopia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar (cando non autoricen a consulta telemática).

Ø  Renda familiar: achegarán copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao exercicio 2018, cando non autoricen a consulta telemática.

 

PRAZO: REMATA O 19 DE XUÑO DE 2020

 HORARIO DO CENTRO: DE 10 A 13 H



blog | by Dr. Radut