Skip to Content

                              

Festa final de curso

 O último día do curso celebramos a despedida do curso cun banquete a base de petiscos, pizza e xeado...toda a celebración estivo acompañada pola música que nos ofreceron os mellores DJ do concello de Boborás.

Asemade, aproveitamos a celebración para realizar a entrea dos premios aos mellores lectores do trimestre, aos gañadores do concurso de cartaces de fomento do emprego do galego e aos gañadores do II torneo de bádminton do colexio.

Nas seguintes galerías de imaxes podedes observar o acontecido neste día de diversión e despedida:

 

 

Entrega de premios:

II Torneo de bádminton

Durante o mes de xuño realizamos no centro o II torneo de bádminton.

Participou todo o alumnado de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria. Este ano notouse unha melloría importante no nivel dos participantes debido á experiencia acumulada ao longo destes dous últimos anos.

Organizamos dúas competicións: unha de participación individual e outra en parellas.

Cadro de Honra:

 Finalistas individuais  Finalistas de dobres

Tivemos medallas para todos os participantes e trofeo para os gañadores de cada categoría.

Asemade, hai que destacar os seguintes premios otorgados ao xogador revelación e á deportividade:

Revelación: Laura González Deportividade: Naomi Estévez

Galería de imaxes da fase final do torneo:

 

Entrega de premios:

Carreira de orientación en inglés

O último día de clase volvemos a realizar nas dependencias exteriores do colexio unha nova carreira de orientación.

Esta vez as pistas que íamos atopando nos diferentes controis estaban en inglés. En total tivemos que localizar sete controis, onde a preparación física e os coñecementos en inglés resultaron primordiais para realizar o recorrido o máis rápido posible.

Na galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos:

 

Avaliamos como foi o curso

Como remate final imos comentar o que máis nos gustou deste curso e tamén o que menos nos gustou.

Para elo deberedes completar, de xeito anónimo, os seguintes documentos de google docs


 

Lecturas en ebook

Para poder realizar unha avaliación do emprego dos ebooks na biblioteca do noso centro, precisamos da colaboración do alumnado e do profesorado que empregou un dos tres ereader que temos na biblioteca do centro. 

Teredes que cumprimentar o seguinte documento en google docs de forma colaborativa.

Ligazón ao google doc do alumnado

Ligazón ao google doc do profesorado

Carreira de orientación no cole

O mércores 11 de xuño, como actividade final do traballo documental que realizamos sobre as árbores do noso patio, organizamos unha carreira de orientación con 12 puntos de control nos que o alumnado, repartido en grupos, ía buscando pistas para resolver un enigma que resultou ser a seguinte frase "Facer exercicio físico é bo para o noso corpo e para a nosa mente".

A verdade é que esta resultou ser unha actividade na que todo  o alumnado o pasou xenial, ao tempo que foi coñecendo as características das diferentes especies arbóreas que temos no noso colexio.

Festa final do PROA

O último día de clases de PROA, todo o alumnado do programa, xunto aos mestres do centro, participamos na festa de despedida con moita ledicia e ao mesmo tempo tristura. Ledicia por todo o ben que o pasamos ao longo destes seis meses cos nosos compañeiros e amigos de clase e tristura por ter finalizado unha das actividades que máis nos ten unido como comunidade educativa, grazas á combinación de tempos de lecer e estudo.

Xa estamos desexando que chegue xaneiro para comenzalo de novo.

Na seguinte galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos na festa final.

Día internacional da nutrición

O 28 de maio, Día nacional da nutrición, realizamos na biblioteca do centro un relatorio sobre os bos hábitos de alimentación que foi impartido por Lydia Gisselle Almonte, especialista en nutrición e dietética, e Presidenta da ANPA.

Despois do relatorio construímos no patio do cole unha roda dos alimentos con cartolinas de cores e para finalizar a cociñeira, Carmen, preparounos unha deliciosa merenda a base de bocata, froita e iogur.

Todo o alumnado recibiu un tríptico informativo sobre nutrición e unha tatuaxe.

Na seguinte galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos:

 

As árbores do noso xardín

Imos pescudar información sobre as árbores do noso xardín. Os pasos a seguir serán os seguintes:

Para cumprimentar a ficha podedes utilizar a web de InfoXardín.


Plano para localizar ás distintas árbores:



by Dr. Radut